Actualidade local e comarcal deste martes 15 de novembro
Tralas abundantes chuvias e os fortes ventos rexistrados esta madrugada, afortunadamente sen incidencias, quedamos nunha xornada de ceos cubertos e chuvascos intermitentes, ocasionalmente de intensidade moderada, que irán remitindo conforme avance a tarde.
Na costa mantense o aviso amarelo por ondas de máis de catro metros.
As temperaturas siguen sendo suaves oscilando entre os 18 de máxima e 14 de mínima.
Segundo as previsións, mañá achégase unha nova borrasca con precipitacións que irán gañando en intensidade durante a tarde. Tamén o vento volverá a soplar mañá con forza.