Actualidade local e comarcal deste luns 13 de febreiro.
Hoxe celebramos o dia internacional da radio,, así que estamos de noraboa todos e todas as que nos adicamos a este medio que ten a virtude de acompañar sen molestar.
Sexa na casa, no traballo ou no coche,, dende Arousa Si Radio queremos seguir sendo a vosa sintonía diaria e por elo seguimos traballando..
Agardando poder acertar na maior parte e correxindo os erros e problemas que nos van xurdindo polo camiño e dos que vos pedimos as nosas sinceiras disculpas..
Así empezamos unha semana na que se vai perdendo a influencia anticiclónica., aumentan as nubes ainda que con poucas probabilidades de chuvias.. e tamén suben as temperaturas.
Hoxe marcan mínimas de 10 graos e máximas de 18.
Segundo as previsións de Meteogalicia, a partir do xoves recupéranse as altas presións de xeito que o inicio do entroido será soleado e con boas temperaturas.