Actualidade local e comarcal deste luns 3 de xaneiro de 2022. Empezamos a primeira semana de 2022 con tempo revolto e o regreso das chuvias.
Hoxe os ceos permanecerán cubertos con posibilidade de precipitacións débiles e temperaturas que se manteñen en valores suaves entre os 11 graos de mínima e os 16 de maxima.
O vento sopra de compoñente sur, aumentando a súa intensidade durante a tarde con refachos moi fortes ao final do día.
Segundo as previsións de meteogalicia, mañá entrará unha fronte fría moi activa acompañada de choivas xeneralizadas e con momentos de intensidade moderada durante a mañá.
Pola tarde a situación amainará con chuvascos máis intermitentes e apertura de pequenos claros, ainda que as temperaturas sufrirán un notable descenso.