Actualidade local e comarcal deste venres 19 de novembro. Unha xornada máis de tempo seco e soleado que, segundo as previsións de meteogalicia, se prolongará durante toda a fin de semana.
Hoxe os ceos permanecerán despexados e as temperaturas volven a baixar ata mínimas de 4 graos mentres que as máximas quedan en 19.
Cara a vindeira semana, os mapas apuntan un cambio de tendencia coa entrada dunha fronte que traerá o regreso das chuvias, sobre todo a partir do mércores.