#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
O Concello de Meis convocou para esta tarde aos alcaldes dos concellos de Poio e Barro para abordar o proxecto eólico que a sociedade Parque Eólico Cadaval e Ventoso S.L, con sede en Santiago, quere desenvolver no Monte Castrove, un espazo que comparten os tres municipios xunto con Pontevedra.
O proxecto acaba de iniciar a súa exposición pública por parte da Xunta de Galicia para proceder ao seu análise de impacto ambiental.
Á xuntanza, que terá lugar esta tarde no Auditorio Municipal, tamén están citadas as comunidades de montes afectadas polo plan, que pretende a instalación de catro aeroxeradores de 115 metros de altura cada un.
Segundo os cálculos realizados pola sociedade promotora, o parque xeraría electricidade para 13.846 familias e crearía uns 640 postos de traballo no seu deseño e construción.
Os promotores aseguran que estudaron varias alternativas e concluíron que a elixida ten unha menor afección sobre o terreo, xa que a superficie afectada polas infraestruturas é menor e, ao ter menos aeroxeradores, será necesario escavar menos chan para viarios e gabias.
O proxecto completaríase cunha subestación eléctrica e un edificio de control.
O investimento previsto para construír este parque eólico ascendería a 20,5 millóns de euros.
Sen embargo, o proxecto xa foi rexeitado por unanimidade no pleno do Concello de Poio.
O gobierno local entiende que “pode supoñer un importante impacto medioambiental na zona”.
Unha consideración que comparten no Concello de Meis, tal como nos conta a alcaldesa Marta Giráldez.