#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
A Consellería de Infraestructuras abre a licitación un proxecto para reducir as #retencións de tráfico, especialmente durante o verán, na conexión da vía rápida do Salnés coa estrada PO-504 no Concello de Sanxenxo.
As empresas interesadas en executar a actuación teñen de #prazo ata o 5 de abril para presentar as súas ofertas.
O obxectivo da Xunta é poder iniciar as obras #despois do #verán, co fin de non interferir coa tempada estival.
A Conselleira #EthelVázquez, acompañada do alcalde de Sanxenxo, #TelmoMartín, presentou hoxe o proxecto que conta cun orzamento inicial de 335.000 euros, incluídas a vintena de expropiacións necesarias.
En concreto, trátase de dar solución aos atascos do tráfico de vehículos procedentes
do Grove e da Lanzada que, dende a #vía_rápida, acceden a Sanxenxo a través dun ramal que ten escaso radio de xiro e está regulado por un stop.
A Xunta prevé #optimizar a #conexión habilitando un radio de xiro adecuado e eliminando o sinal de stop.
Ademais, ampliarase a plataforma de saída con #dous #carriles ata rotonda de Vinquiño e un de acceso directo adicional que servirá para aportar fluidez ao tráfico
As obras completaranse coa recolocación dos báculos de iluminación, a renovación da #sinalización e a colocación de balizas de separación dos sentidos no ramal entre glorietas.
Segundo a Conselleira, a actuación permitirá aumentar a #capacidade da vía en ata un 40% e, deste xeito, evitar os atascos.
"É unha obra sinxela, pero da que esperamos grandes resultados”.
Pola súa banda, o alcalde, Telmo Martín, agradeceu á Conselleira a “súa iniciativa” para executar unha obra que “solucionará o #caos que se produce en determinados momentos do día na tempada alta coicidindo coas viaxes ás praias”.
Asimesmo, Ethel Vázquez non desbotou o futuro #desdoblamento da vía rápida "no que seguimos buscando fórmulas" que se adecúen a un entorno de especial sensibilidade ao tratarse “dunha das zonas de Europa con maior número de espazos de máxima protección ambiental”