#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
O Concello de Cambados continúa complementando actuacións de mellora no Polígono de Sete Pias.
Desta volta, o goberno municipal ten preparado un proxecto de pavimentación e reordenación do tráfico.
No primeira caso, será a segunda fase de mellora da pavimentación da rúa Exeria, o vial principal, que se completará co asfaltado da primeira das transversais, a rúa María Soliña.
En canto á reordenación do tráfico, o proxecto prevé establecer o sentido único en varias rúas e habilitar preto de unhas cen novas prazas de aparcamento, ante o problema actual de estacionamento que sufre o Polígono dado o incremento da actividade económica dos últimos anos.
O orzamento, que incluirá o pintado e sinalizaicón correspondentes, ascende a uns 12.000 euros, dos que o 80% estarán financiados a través dunha achega solicitada á Xunta de Galicia e o resto a cargo de fondos municipais.
Os detalles nolos contaban esta mañá os Concelleiros de Obras, Samuel Lago, e de Urbanismo, Xurxo Charlín.