#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
O Concello de Cambados iniciou as demandadas obras de mellora do vial de Tragove que da acceso ás depuradoras, cuxa execución se demorou máis do previsto por complicacións nos trámites administrativos.
A actuación, que saiu a licitación cun prezo de 98.000 euros con cargo ao Plan Concellos, foi adxudicada a empresa Nemesio Ordóñez por importe de 67.600 euros, ive engadido.
Segundo explica o Concelleiro de Obras e Servizos, Samuel Lago, a diferencia vaise destinar a outros asfaltados que se executarán en diversos viais do municipio.
O prazo de execución dos traballos é de 20 días pero o Concello estima que é previsible que rematen antes do período fixado.
"Os traballos prolongaranse durante varios días e provocarán pequenos cortes debtráfico que se faran de xeito escalonado para minimizar o seu efecto na medida do posible" indica o edil.
O asfaltado leva unha capa de aglomerado máis grosa do habitual e de alta resistencia debido a que o vial soporta un importante volume de tráfico de vehículos pesados.
Para o Concello é unha obra de gran importancia porque cumple cunha antiga demanda dos empresarios da zona, xa que o vial, ata agora de terra, poñíase impracticable coas chuvias do inverno, ademáis dos numerosos socavóns existentes.
Ademáis, deste xeito o goberno municipal aforrará un importante gasto en mantemento xa que non terá que estar acondicionando permanentemente o camiño con maquinaria.