#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
O Concello de Cambados avanza no Plan de Mobilidade Urbanístico Sostible, (PMUS), que deseña estratexias para conseguir espazos máis seguros para os peóns, e o uso de métodos de transporte alternativos aos vehículos
O obxectivo é facer un Cambados máis accesible e peonil onde teña cada vez máis cabida a bicicleta e menos o coche.
Os concelleiros de Mobilidade, Obras e Servizos e Urbanismo, Tino Cordal, Samuel Lago e Xurxo Charlín, están xa mantendo as primeiras reunións técnicas coa empresa Terravanza, designada para elaborar a redacción do informe de diagnose.
Ademáis de deseñar a ordenación vial e as actuacións a desenvolver a medio e longo plazo, o documento, cuxa redacción supón un importe duns 14.000 euros, tamén será unha ferramente base para presentar ante as demáis administracións no momento de optar a axudas.
Ainda que de momento estase na fase inicial, os concelleiros Tino Cordal e Samuel Lago, Xurxo Charlín, e o responsable da empresa redactora, Gael Sánchez, avanzaban algúns detalles de cómo pode ser o Cambados do futuro.
A idea é limitar o impacto do automóvil mediante a implantación de formas de desplazamento máis sustentable.
Para elo, proxéctase potenciar o transporte a demanda, crear itinerarios escolares, en principio para os colexios Magariños e San Tomé, e establecer zonas de prioridade peonil no casco histórico.
Para Fefiñáns, pénsase en convocar un concurso de ideas para a humanización do arborado.
O goberno municipal agarda que a redacción do Plan de Mobilidade estea rematada na vindeira primavera co fin de empezar coas primeiras actuacións financiadas con fondos propios.
Pero demáis, o Concello pretende que os cambios se axusten a un proceso participativo coa veciñanza.
Por tal motivo, realizaranse reunións parroquiais e cos diferentes sectores sociais e porase en marcha unha enquisa sobre mobilidade a través da web municipal e as redes sociais.