#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
O Capítulo Serenísimo do Albariño presentou esta mañá os actos previstos para esta edición que tamén estará marcada polas circunstancias da pandemia.
Non só porque estará #adaptada ás restriccións de aforo e medidas de seguridade contra o covid senon tamén porque os nomeamentos serán este ano moitos menos, -non haberá Damas, nin Xóvenes Albariñenses nin Follas de Prata-, e converteranse nun #homenaxe ás persoas que estiveron en primeira liña durante a crise sanitaria do covid, é dicir, os sanitarios e as forzas de seguridade.
En concreto, como recoñecemento os sanitarios, os novos #Cabaleiros deste ano serán o investigador José Manuel Martínez Costas e o Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña.
Igualmente, recibirán as mencións de #Albariñenses de Honra, a Garda Civil, a Brilat de Pontevedra, as policías locais, nacional e autonómica, a Axencia Galega de Emerxencias, os Bombeiros, e a Asociación de Médicos de Urxencias.
O acto capitular terá lugar o #domingo 2 de agosto no Patio de Armas do Pazo de Fefiñáns a partir das 12 horas, coa presencia de Alberto Núñez Feijoo, en calidade de Gran Mestre da orde.
Asimesmo, este ano non haberá o tradicional desfile de confrarías e somente se realizará un acto de #irmanamento coa Confraría Gastronómica do Viño do Rabelo, de San Xoao de Pesqueira, do Douro, en Portugal.
Será o #sábado día 1 ás 12.30 horas e únicamente coa presencia de dous representantes da confraría e un gaiteiro para dignificar o acto.
Posteriormente, no mesmo Patio de Armas de Fefiñáns celebrarase un #showcooking ao que só se pode acceder con invitación.
O secretario do Capítulo Serenísimo, #PedroPiñeiro, anunciaba esta mañá todos os detalles no Parador de Cambados, acompañado dos demáis representantes da orde.