#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
O Concello de Meis suspende a XXX edición da Festa dos Callos e e as Festas de San Bieito pero xa ten elaborado un programa de actividades alternativas tanto na parte gastronómica como no ámbito cultural.
De tal xeito que, para que veciños e visitantes non queden sen a posibilidade de degustar os callos o goberno local está coordinando a iniciativa a través da hostelería local.
O Concello mantén conversas cos hosteleiros para que os que queiran sumarse de forma voluntaria poidan elaborar as súas recetas durante dúas fins de semana.
Ademáis, durante os meses de xullo e agosto desenvolveranse actividades culturais todas as fins de semana en todas as parroquias do municipio coa participación de colectivos locais, sempre adaptadas ás limitacións de aforo e normativas sanitarias.
Segundo explicaba esta mañá a alcaldesa Marta Giráldez, as actividades empezarán coincidindo coa celebración de San Bieito, o 9 de xullo con cine na rúa.
O venres 10 terá lugar un espectáculo infantil e un pequeno concerto, o sábado 11 haberá amenización polas rúas e un concerto dun dúo local e domingo 12 celebrarase un festival floclórico con Madialeva e os Druidas.
Asimesmo, mantense o Festival de Jazz de A Armenteira, que terá lugar o 18 e o 19 de xullo, e incorpórase como novidade a Festa da Xuventude o 24 de xullo amenizada por djs.
Ademáis, outra das actividades destacadas será unha sesión de Autocine que se celebrará o 5 de setembro na explanada de San Vicente.
Os eventos que si se cancelan ata o ano que ven son a Feira Labrega e a Feira Cabalar.