#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
A corporación municipal de Cambados celebrará mañá ás 21 horas un #pleno extraordinario forzado polo PP, que puido obrigar á convocatoria ao ter un cuarto dos concelleiros da Corporación necesarios.
A sesión, que será telemática por decisión da alcaldía, debaterá a xestión da crise sanitaria e incluirá unha moción presentada por Cambados Pode para a constitución dunha "Comisión De Reconstrucción Económica e Social" .
Segundo a proposta de Pode, a Comisión estaría integrada polos portavoces de cada un dos grupos #políticos municipais, así como por #representantes de todo os #sectores productivos, ademáis dos axentes sociais e económicos.
O portavoz da formación José Ramón Abal considera necesario a “redacción e aprobación dun #convenio de colaboración entre Concello e os diversos sectores que leve aparellada a creación dunha #comisión de seguimento para plantexar propostas e consensuar un plan de reconstrución económica e social que culmine nuns novos presupostos municipais”.
A comisión de seguimento, presidida pola alcaldesa, tería periodicidade mensual e “sería meramente #consultiva, reservando a potestade de toma de decisións ao equipo de goberno”.
Unha moción que presentaba por Rexistro esta mañá o portavoz de Cambados Pode, José Ramón Abal.