#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
O Concello de Meaño adoptou diferentes medidas para “xestionar con firmeza e solidaridade esta crise sanitaria COVID-19 sen precedentes que está afectando ás nosas vidas no
ámbito social, no ámbito laboral, no ámbito económico e no ámbito familiar”.
De todo elo falabamos co alcalde Carlos Vieitez nesta entrevista en #ArousaPontevedraDíaaDía
O rexedor explicounos que no ámbito económico “estamos axilizando o máximo posible o pago a proveedores para que as empresas e negocios poidan ter liquidez. Tampouco cobraremos os servizos que durante esta crise sanitaria non se están prestando”.
En relación ao ORAL, o Concello acordou a suspensión de recaudación de tributos e outros ingresos durante o estado de alarma, así como “outras medidas económicas que se poidan tomar, que estamos estudiando”.
Asimesmo, o goberno local de Meaño adoptou a coordinación de novo de todos os servizos municipais, que son todos de xestión directa e dotouse a todo o persoal cos EPIS correspondentes, seguindo as indicacións das
autoridades sanitarias.
Igualmente, reforzouse o servizo de asuntos sociais, para dar atención ás persoas que están en risco de exclusión social, facilitandolle a compra de alimentos mediante vales.
Neste sentido “mantemos o servizo do vehículo asistencial para axudar ás persoas que teñen que desplazarse ao médico, á farmacia e a entidades bancarias, realizamos un servizo de apoio ás persoas vulnerables que viven soas, que son maiores ou con enfermidades de risco que precisen axuda para cubrir algunha das necesidades básicas, de alimentación, menciñas ou calquera outra necesidade”, sinala o alcalde.
Dentro das actuacións excepcionais, tamén se reforzou o servizo de Policia Local coa contratación dun auxiliar de Policía e se incrementan os servizos de limpeza e desinfección.
Concretamente, execútanse tarefas de limpeza diaria en zonas de acceso a establecementos de alimentación, centros de saúde, farmacias, entidades bancarias ou á praza de abastos.
Tamén se realizan traballos de limpeza semanais en beirarúas dos núcleos urbanos (Dena e Meaño) e viais do núcleo rural das sete parroquias, desinfección nas instalacións municipais (Casa do Concello, Almacén de
Maquinaria, Praza de Abastos) e en vehículos municipais.
Asimesmo, estase realizando a entrega de mascarillas aos negocios que permanecen funcionando durante este estado de alarma e tamén as hai a disposición dos veciños que as precisen.
Carlos Vieitez remata cunha mensaxe de “agradecemento ao esforzo, a responsabilidade, a colaboración e a solidaridade amosada polos
veciños de Meaño, Xuntos saldremos adiante”.