#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
O Concello de Cambados, a Asociación de Comerciantes Zona Centro e a empresa Nordelaina teñen xa todo preparado para a segunda edición do Desmarket, que se celebrará do 27 ao 29 de marzo no salón José Peña.
Tralo éxito da primeira edición, que tivo máis de 5.000 visitantes, a idea é que de novo Cambados se converta durante eses días no centro da moda e do comercio.
Pero este ano, tanto o Concello como os organizadores quixeron darlle ao evento unha nova orientación, vinculando o comercio co sector do mar como motor económico do municipio.
Por elo, nesta edición do Desmarket estarán presentes diferentes empresas conserveiras, depuradoras e mexilloeiros.
Asimesmo, realizaranse visitas guiadas con Guimatur e os sowcookings estarán centrados en elaboracións con productos do mar de Cambados.
Polo demáis, o evento mantén a súa esencia orixinal e incluirá desfiles do comercio local e concertos de música.
Así nolo explicaban esta mañá o Concelleiro de Promoción Económica, Xurxo Charlín, o presidente de Zona Centro, Juan Rey, e a representante de Nordelaina, Bárbara Abal, na presentación do Desmarket.