O Concello de Cambados e a asociación Cambados Zona Centro comezan a consensuar as bases para #activar o comercio e a hostalería local cando finalice o estado de alarma
O obxetivo é #relanzar a súa viabilidade económica e que poidan abrir as portas coa maior seguridade e garantías
sanitarias posibles.
Para tal fin, ambas partes acordaron diferentes #medidas nun encontro celebrado entre o concelleiro de Economía e Facenda, #Xurxo #Charlín, e o edil de Promoción Económica, #Fernando #Patricio, co presidente de Zona Centro, #Juan #Rey, e o xerente do colectivo, #Javier #Paz,
De principio, segundo explica Xurxo Charlín, o goberno local mantén #suspendidos todos os #impostos municipais aos comercios e autónomos e está a estudiar #bonificacións fiscais co ORAL e coas concesionarias de subministro de auga e sumidoiros para que non paguen as taxas as empresas que durante o estado de alarma solicitaron o cese de actividade, ben por non poder abrir ou polo descenso de facturación" .
Ademáis, o Concello distribuirá entre os comerciantes medios de #protección individual, mascaras e xel hidroalcoholico.
"Con esta medida tratase de conseguir que, unha vez poidan abrir as portas, o #comercio de Cambados sexa #seguro hixienicamente e os clientes estean protexidos ante o coronavirus",
Asimesmo, a Asociación de Comerciantes Zona Centro realizou unha #campaña de #suxestións entre os seus asociados para que plantexaran as medidas que cada un estime para reactivar a economía local.
Entre todas elas seleccionarase as que sexan de #maior #calado para proceder a implantalas, no caso de que sexan viables.
A maiores, o Concello e Zona Centro realizarán unha campaña de #promoción nos #medios audiovisuais e nas redes sociais.
Paralelamente, instarán a #Xunta de Galicia a promover #axudas para autónomos e para o comercio nos municipios de menos de 20.000 habitantes, por ser competencia directa da Xunta de Galicia, "como xa teñen anunciado a maioría de comunidades autónomas de España"