#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
O goberno do Concello de Cambados, co apoio do BNG, levará a pleno un acordo consensuado co sector da industria do mar para que se modifique o artigo 18.4 do anteproxecto da #Lei_do_Cambio_Climático.
Conserveiras, confrarías, depuradoras, cocedeiros e bateeiros consideran con preocupación que a redacción do artigo xera #ambigüedade sobre as concesións da ocupación en terreos marítimo-terrestres e crea incerteza sobre o futuro das industrias
Por elo, o acordo consensuado en forma de declaración institucional inclúe diversas #enmendas ao anteproxecto que dean seguridade xurídica ao sector.
Tamén solicita que no momento en que se aborde a modificación da Lei de Costas se teña en conta a #opinión do sector do mar-industria de Galicia pola súa singularidade e relevancia socio-económica.
Segundo a alcaldesa, Fátima Abal, para a #elaboración do documento non se falou co grupo municipal do PP porque xa ten a sua propia moción ao respecto, que sera abordada no pleno #extraordinario convocado para este xoves.
En todo caso, a alcaldesa agarda que todos os grupos municipais o respalden.
Será o #primeiro acordo en relación a este asunto que se votará nun pleno municipal pero a intención do sector é que a iniciativa sexa secundada en todos os concellos costeiros de Galicia.
Para elo teñen de prazo ata o 15 de setembro.