#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a14
Finalmente, non todos os concellos de Galicia quedarán pechados perimetralmente como se avanzaba onte dende a reunión do comité clínico.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, concretou esta mañá o alcance das novas restriccións acordadas a pasada noite, que establecen a limitación de mobilidade únicamente para os municipios que se situen no nivel máximo de restriccións.
No relativo ás nosas comarcas, quedan nesta situación Pontevedra, Poio, Bueu, Vilagarcía, Vilanova, A Illa, Ribeira, Pobra, Boiro, Rianxo, Pontecesures, Caldas, Cuntis e Valga.
Os demáis municipios veranse sometidos ao nivel medio alto, o que supón que se levantan os peches perimetrais que ata hoxe estaban en vigor en Cambados, Sanxenxo, O Grove e Barro.
En calquera caso, a hostelería deberá pechar en toda Galicia ás 18:00 e as reunións deberán de ser dun máximo de catro personas non convivintes.
As novas medidas entrarán en vigor esta medianoite e prolongaranse prolongarán, en principio, ata mediados de febreiro
Ademáis, o toque de queda adiántase ás 22:00. También se prohíben as reunións de non convivintes en domicilios a partir das 18:00, o mesmo horario que rixe para a hostelería.
Así o explicaba todo elo o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo.