#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a14
A Presidenta da Mancomunidade do Salnés, Marta Giráldez, e o seu xerente, Ramón Guinarte, saíron hoxe en defensa do proxecto da Plataforma Salnés Click, cuestionado hai uns días polo alcalde de Vilanova.
A creación do Market Place está xa terceira e última fase do proxecto coa previsión de que se abra á cidadanía en Semana Santa.
O proceso responde a unha planificación estratéxica da posta en marcha dun market place.
“Se estivéramos facendo doutra forma estaríamos vendendo fume pero nos non nos dedicamos a eso. Nos dedicamos a facer unha xestión basada en resultados, que estamos dispostos a defender ante calquera”, indicou Guinarte.
O xerente tamén retou aos “que queren datos” a preguntar directamente e “podemos decirlle o que costa o servizo o retorno que ten. Somos das poucas administracións públicas que a nivel de servizos podemos competir co sector privado ao prezo máis económico”.
Un equipo de 20 persoas, integrantes do Obradoiro de Turismo da Mancomunidade, levan dende finais de decembro en contacto con cada un dos comerciantes da comarca para orientalos no uso da plataforma.
E agora, xa na terceira fase de implementación do proxecto, ponse en marcha a promoción de Salnés Click mediante fondos feder xestionados pola Cámara de Comercio de España.
Cun orzamento de 61.000 euros, realizaranse campañas de publicidade en medios de comunicación e en vallas e crearanse redes sociais propias da plataforma.
Ademáis, tamén se distribuirán entre os comerciantes do Consorcio do Salnés novo material promocional: 40.000 bolsas, 60.000 salvamanteis e 40.000 folletos.
Todo elo para que a Plataforma Salnés Click estea en pleno funcionamento en Semana Santa.