#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
O Concello de Cambados ven de presentar ante Portos de Galicia a solicitude para a desafectación dos terreos portuarios.
Son un total de 36.000 metros cadrados duns espazos que xa nos anos 80 foran #cedidos á Xunta por parte de Costas do Estado pero que, como sinala o Concelleiro de Urbanismo, Xurxo Charlín, xa formaban parte da vida cotiá da veciñanza cambadesa.
Son #emprazamentos como o Paseo da Calzada, o entorno do Centro de Saúde, a Estación de Autobuses, a Praza de Abastos, o Salón Peña ou a escalinata de Santo Tomé.
Espazos que, segundo matiza o Concelleiro de Urbanismo, Xurxo Charlín, na última DEUP pasaron a ser consideradas "zonas de #non_estricto uso portuario", de xeito que a súa desafectación non influirá no desenrolo do porto.
Tendo esto en conta, o goberno municipal xustifica a petición argumentando que o Concello está asumindo o #mantemento e #alumeado dos espazos cuns custes duns 80.000 euros ao ano, que van máis aló ao sumar o tratamento contra o picudo vermello que se realiza no Paseo das Palmeiras.
Pero ademáis, a alcaldesa Fátima Abal lembra as #taxas que o Concello debe pagar a Portos polo #uso dos espazos portuarios e que, segundo os cálculos municipais, poden ascender a uns 100.000 euros anuais.
Unha vez presentada a solicitude, Portos tramitará a #petición de Cambados xunto coa doutros concellos de Galicia presentadas a través da Fegamp
No caso da vila do albariño, Portos #revertirá de novo os terreos a Costas do Estado e posteriormente o organismo estatal concederá a #titularidade #municipal.
Precisamente, ante Costas do Estado o Concello de Cambados xestiona tamén a desafectación do #complexo deportivo de #OPombal.
O executivo municipal mantivo xa unha primera reunión co responsable provincial que lle indicou os #primeiros_pasos a seguir no que seguramente tamén será unha longa tramitación.