Actualidade local e comarcal deste luns 29 de novembro. Agárdanos unha semana de tempo inestable, alternando días con intervalos entre nubes e claros e outros con chuvias intermitentes.
Hoxe, as precipitacións de carácter feble e illado tenderán a ir desaparecendo pola tarde e as temperaturas suben a mínimas de 9 graos mentres que as máximas quedan nos 13.
De cumprirse as previsións, mañá o día pasará alternando nubes e claros pero xa o mércores unha fronte atravesará Galicia, deixando precipitacións persistentes pola mañá e quedando en forma de chuvascos intermitentes pola tarde.