Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a t... more
FAQs about Podcast Radio Cerna:How many episodes does Podcast Radio Cerna have?The podcast currently has 1,691 episodes available.
July 17, 2012Nace o Seminario de Estudos do ValadouroÉ a primeira entidade desta comarca do Norte de Lugo que nace coa intención de recompilar todo tipo de patrimonio da zona e de inventarialo. Unha aposta pola conservación patrimonial desde varios puntos de vista....more11minPlay
July 16, 2012Medio ambiente rexeita o Salto do NaviaTras 60 anos de ameaza do Salto do Navia, o Ministerio de Medio ambiente declara negativo o estudo de impacto ambiental presentado pola promotora (Saltos del Navia). Con este é o oitavo intento da empresa de promover esta macroinfraestrutura nunha zona que hoxe conta con 5 figuras de protección ambiental. O lastre desta ameaza tivo consecuencias negativas para Navia e Fonsagrada durante todas estas décadas por iso a sociedade local e outros colectivos piden a nulidade desta concesión canto antes....more11minPlay
July 13, 2012Boletín informativo ambiental 13/07/12Coñece cales foron as novas máis destacadas desta semana no eido ambiental galego....more11minPlay
July 12, 2012Naturviva vixía o Sobreiral do ArnegoA asociación ecoloxista Naturviva de Agolada inicia unha nova campaña de voluntariado de vixianza e disuación contra os lumes forestais no Sobreiral do Arnego. Desta volta sen o apoio institucional....more11minPlay
July 11, 2012O humanismo do monte galegoNo encontro organizado por ADEGA en Lugo sobre "A cultura do monte galego", o arqueólogo e museólogo Felipe Senén deu conta do humanismo co que se foi construíndo a cultura e a relación da sociedade co monte de Galiza, un humanismo que hoxe está en declive....more11minPlay
July 10, 2012O monte na cultura tradicional galegaA idea do monte na nosa cultura tradicional relaciónase co caso, a incerteza e a inseguridade, pero tamén o monte constitúe unha peza fundamental na supervivencia da sociedade rural tradicional. O monte galega acábase convertendo nun dos principais elementos que se usaban para construír a moral galega. Disto fálanos o etnógrafo Xosé Manuel González Reboredo no espazo Cerna de hoxe....more11minPlay
July 09, 2012Montes veciñais: historia dunha supervivenciaNos vindeiros tres días Radio Cerna recolle as palestras de tres expertos na cultura do monte, participantes da xornada "A Cultura do Monte" organizada por ADEGA a pasada semana en Lugo. Hoxe abordamos a historia dos montes veciñais, unha historia de supervivencia segundo o historiador Carlos Morgade....more11minPlay
July 06, 2012Boletín informativo ambiental 06/07/12Coñece todas as novas máis destacadas desta semana no eido ambiental galego, aquí en Radio Cerna....more11minPlay
July 05, 2012A Casa das árbores do Carballo con BotasAnxo Moure, o "Carballo con Botas" fixo realidade o soño de moitos nenos e nenas, e tamén de adultos/as, ao construír no cumio dun carballo e dun castiñeiro unha casa para morar, ler e descubrir personaxes fantásticos. É a Casa das árbores do Carballo con Botas....more11minPlay
July 04, 2012Conservando as nosas dunas con ADEGAMañá ADEGA vai realizar unha primeira xornada de voluntariado ambiental para a eliminación de especies exóticas nas dunas da Corna (Pobra do Caramiñal). Ramsés Peréz, educador ambiental de ADEGA, explícanos en que vai consistir a actividade e anuncia outra actuación similar para o vindeiro 19 de xullo nas lagoas de Xuño e Muro de Porto do Son....more11minPlay
FAQs about Podcast Radio Cerna:How many episodes does Podcast Radio Cerna have?The podcast currently has 1,691 episodes available.