Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a t... more
FAQs about Podcast Radio Cerna:How many episodes does Podcast Radio Cerna have?The podcast currently has 1,691 episodes available.
July 03, 2012Lumes e lobos, temas gañadores dos premios "Luis Freire"Alumnos e alumnas do IES Carlos Casares de Viana do Bolo e do Colexio Uxío Novoneyra de Folgoso do Courel gañan o primeiro e segundo premio dos galardóns "Luis Freire" que outorgan os Museos científicos da Coruña e El Corte Inglés, coa colaboración da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias. Estes premios recoñecen a capacidade científica dos estudantes e, desta volta, os temas de estudo dos traballos gañadores foron o lobo e os lumes forestais....more11minPlay
July 02, 2012Rio+20=fracaso totalO Cumio en Rio de Janeiro sobre desenvolvemento sostible súmase á lista de encontros internacionais sobre medio ambiente que resultaron ser un auténtico fracaso. Hoxe avaliamos con Adela Figueroa as conclusións do cumio Rio+20....more11minPlay
June 29, 2012Boletín informativo ambiental 29/06/12Coñece as novas desta semana que tiveron que ver co medio natural e a ecoloxía de Galiza....more10minPlay
June 28, 2012O consumo en tempos de crise (ecolóxica)O consumo responsable e o cambio de estilo de vida non é unha opción persoal, senón unha cuestión de supervivencia. É o que conclúe o estudo "Consumo e estilos de vida: cambio global en España 2015-2020", publicado na revista Opcións do CRIC (Centro de Investigación e Información en Consumo)....more11minPlay
June 27, 2012A colonización da Terra Chá en época franquistaA Terra Chá foi a única comarca galega na que se puido completar o proceso de colonización instaurado na época franquista, que substituiu o sistema de agras e do monte comunal polo da agricultura intensiva e dependente da industria. Un pasado que determinou a realidade actual do rural chairego e da súa paisaxe. Ana Cabana fálanos de como tivo lugar ese proceso e das súas consecuencias....more11minPlay
June 26, 2012Ventonoso. Propietarios ante a invasión eólica.A asociación de propietarios de terreos eólicos, Ventonoso, está levando a cabo unha campaña de información e asesoramento dos veciños fronte a enxurrada de parques eólicos que virán nos vindeiros anos para os montes galegos, en virtude do último concurso eólico. Ventonoso dá as claves para artellar unha negociación xusta coa empresa eólica....more11minPlay
June 25, 2012Contaminación por partículas nas cidades galegasA contaminación por partículas nas cidades galegas é superior ao marcado pola lei nalgunhas cidades galegas e os seus niveis sobrepasan en todos os casos o recomendado pola OMS. Este organismo vén de recoñecer como elemento carcinóxeno a contaminación por partículas derivada dos motores diésel....more11minPlay
June 22, 2012Boletín informativo ambiental 22/06/12Entérate da actualidade da semana sobre o medio e a ecoloxía en Galiza en dez minutos e a través de Radio Cerna....more11minPlay
June 21, 2012O futuro da lagoa artificial das PontesEndesa anuncia novos proxectos enerxéticos asociados á lagoa artificial das Pontes e a Xunta non descarta avalialos. Aínda así, o futuro da "lagoa" das Pontes é aínda un misterio. Doutra banda, os ecoloxistas cren que a chamada "lagoa" non é máis que unha hipoteca ecolóxica e social de futuro....more11minPlay
June 20, 2012A caducidade das concesións hidroeléctricas pendentes de execuciónTras a aprobación do plano hidrolóxico de Galiza, o organismo competente na xestión da bacía Galicia-Costa, anuncia que comezará a abrir expedientes de caducidade para unhas 115 concesións hidroeléctricas sen executar desde hai varias décadas. Tamén terá que decidir que facer coas 85 concesións afectadas pola moratoria do bipartito, que non están aínda autorizadas. Neste espazo falamos co presidente de Augas de Galicia, Francisco Menéndez....more11minPlay
FAQs about Podcast Radio Cerna:How many episodes does Podcast Radio Cerna have?The podcast currently has 1,691 episodes available.