Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a t... more
FAQs about Podcast Radio Cerna:How many episodes does Podcast Radio Cerna have?The podcast currently has 1,679 episodes available.
May 31, 2012Lexislación ambiental: decreto medidas urxentes en medio ambienteO goberno centra modifica pola vía da urxencia catro leis relativas á normativa ambiental do Estado español. Os cambios que se prevén nas leis de augas, residuos, contaminación atmosférica e espazos protexidos foron tachados de "centralizadores, desprotectores e pouco transparentes". Neste espazo Alba Nogueira analiza o decreto e dá conta das súas consecuencias en materia ambiental....more11minPlay
May 30, 2012Serra do Suído: excluída da ampliación da Rede NaturaA Serra do Suído é un dos espazos galegos da Rede Natura que quedaron fóra da ampliación de espazos protexidos proposta pola Xunta de Galiza, por mor da instalación de tres parques eólicos. O Suído ten unha das maiores representacións de turbeira (hábitat prioritario) de Europa....more11minPlay
May 29, 2012Fotos, relatos e curtas polo Territorio galegoADEGA convoca a segunda edición dos concursos de fotografía e relatos no marco da campaña en defensa dunha ordenación sostible do territorio: "Ponte no medio. Móvete polo territorio". Este ano, ademais, inaugura o concurso de curtametraxes polo territorio no que pode participar calquera cidadán....more11minPlay
May 28, 2012CEMMA: 20 anos de traballoA Coordinadora para o Estudo de Mamíferos Mariños cumpre 20 anos de actividade e renova directiva, coa presidencia de Xosé Martínez Cedeira. Con el falamos neste espazo para coñecer as expectativas para o futuro da organización....more11minPlay
May 25, 2012Boletín informativo ambiental 25/05/12Coñece neste espazo a actualidade ambiental da última semana....more11minPlay
May 24, 2012Limpeza simultánea de praias galegas o Día dos OcéanosADEGA celebrará o Día Mundial dos Océanos do vindeiro 8 de xuño convidando á cidadanía galega a participar nunha limpeza de praias simultánea, co gallo de concienciar sobre as toneladas de residuos que van para ao mar cada ano e a necesidade de protexelo destes refugallos....more11minPlay
May 23, 2012Os custes económicos dos riscos naturaisO Colexio Oficial de Xeólogos de España fai públicos os custos dos riscos xeolóxicos (inundacións, erosión do solo, tremores de terra...) no conxunto do Estado e, en concreto, en Galiza....more11minPlay
May 22, 2012O exterminio do lobo no BarbanzaA campaña de eliminación dos lobos híbridos no Barbanza non está a conseguir a supervivencia da especie pura, senón o seu declive. Os metodoloxía empregada non garante unha correcta distinción entre híbrido e lobo ibérico e ademais non se contemplan alternativas de captura sen morte. Neste espazo, dúas entidades defensoras dos animais explican como se está a exterminar o lobo no Barbanza....more11minPlay
May 21, 2012ENCE queda sen o amparo da supramunicipalidadeO Tribuna Supremo emitiu dúas sentenzas nas que invalida o acordo do goberno Fraga de 2003 no que se aprobou o proxecto sectorial de supramunicipalidade polo que se lle eximía a Ence dos permisos municipais. O Supremo volve poñer o futuro de Ence en discusión....more11minPlay
May 18, 2012Boletín informativo ambiental 18/05/12Escoita as novas ambientais máis relevantes desta semana, aquí en Radio Cerna....more11minPlay
FAQs about Podcast Radio Cerna:How many episodes does Podcast Radio Cerna have?The podcast currently has 1,679 episodes available.