Podcast Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

By Radio CernaScience
Download on the App Store

Podcast Radio Cerna episodes

  • Stop Velutina: A loita non é pola convivencia, é pola supervivencia
    A plataforma Stop Velutina, a través de todos os grupos parlamentarios da oposición, presentou unha proposición non de lei para instar a Xunta a tomar medidas máis efectivas contra a avespa velutina. Porén, a proposta non saiu adiante polos votos en contra do PP, partido maioritario na Cámara. Stop Velutina advirte que da eficacia das medidas a tomar depende a supervivencia do sector apícola en Galiza e do mel galego. Se queres coñecer a súa proposta, escoita este espazo!
    11 min
  • Pladever: O transvase do río Verdugo incumpriría o caudal ecolóxico
    Pladever, a plataforma na defensa do Río Verdugo, rexorde para reivindicar un cambio de modelo de xestión de auga e unha planficación de cara á eficiencia e ao aforro de auga na comarca de Vigo. Nunha recente mobilización que acabou no encoro de Eiras, centos de persoas reclamaron de novo a retirada do proxecto de transvasamento do río Verdugo ao encoro que abastece de auga á poboación da comarca viguesa.
    11 min
  • ADEGA: Improsivar ante a seca non é a solución
    Enxería sen Fronteiras organizou a pasada semana unhas xornadas sobre a seca para avaliar a problemática desde o punto de vista técnico e definir as mellores solucións. No Econtro, ADEGA deu conta da improvisación coa que están a actuar as distintas administracións e a falta dunha previa dunha planificación que axudase a aforrar auga ou a consumila con maior eficiencia, tanto polos concellos, como pola industria ou polos fogares.
    11 min
  • Eucaliptización e lumes en Portugal
    No I Encontro galego-portugués fronte eucaliptización e lumes forestais participaron Miguel Reis, representante da asociación ecoloxista Quercus, e Aníbal Quinta, presidente da Associação de moradores de Casal de São Simão (Figueiró dos Vinhos). Ambos os dous explicaron en que estado está a floresta de Portugal, especialmente, do Norte e cal debería ser a estratexia para enfrontarse dunha vez por todas á lacra dos incendios forestais.
    11 min
  • Por que o NON á expansión do eucalipto?
    A comezos de mes tiveron lugar en Salceda de Caselas as I Xornadas galego-portuguesas fronte a eucaliptización e os lumes forestais, organizadas polos colectivos Treze-Catorze, ADEGA e a rede Cousa de Raíces. No encontro, o biólogo Cosme Damián Romay Cousido deu conta da capacidade de expansión do xénero Eucalyptus en Galiza e norte de Portugal, pero tamén nos puntos quentes de biodiversidade do Planeta. A continuación, presentamos algúns extractos da súa palestra sobre o impacto do eucalipto no territorio.
    10 min

About Podcast Radio Cerna

From the publisher's feed

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país.