Podcast Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

By Radio CernaScience
Download on the App Store

Podcast Radio Cerna episodes

  • Os garranos galaico-portugueses: xenética e arte rupestre
    O Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) dá conta dun descubrimento que muda o paradigma sobre a arte rupestre en Gailza e Norte de Portugal. Os lumes deixaron á vista a Laxe da Coutada, un petróglifo do concello das Neves no que o protagonista indiscutible é o cabalo, no canto do cervo. Este novo achado refrenda a idea de que os equinos son a figura máis gravada nos petróglifos do sur da provincia de Pontevedra e do Norte de Portugal, ademais de dotar a este animal dunha maior relevancia histórica e cultural. O IEM tamén está a estudar, a través do proxecto Equus, a xenética dos garranos para descubrir a súa orixe, xa que hoxendía poderían ser os únicos equinos salvaxes do mundo.
    11 min
  • Informe de Proxecto Ríos 2017: A calidade dos ríos galegos diminúe lixeiramente
    O programa de voluntariado en ríos de ADEGA, Proxecto Ríos, vén de publicar os datos das inspección de 158 treitos de río inspeccionados en Galiza durante o ano 2017. O documento conclúe que, en xeral, a calidade dos ríos inspeccionados sufriu unha lixeira baixa con respecto a anos anteriores. Porén, o dato máis relevante é o que retrata o estado do bosque de ribeira, en mal estado na metade dos casos. Coñece outros datos que revela o Informe de Proxecto Ríos 2017 con Radio Cerna!
    10 min
  • Uns 30 anos perdidos na xestión sostible do monte galego
    Ramón Varela Díaz, expresidente de ADEGA e promotor da primeira ILP forestal en Galiza, participou en Lugo na presentación da nova Iniciativa Lexislativa popular na defensa do Bosque galego, promovida por Cousa de Raíces e pola Alianza Rural Galega. Varela fai un repaso ás últimas 3 décadas da política forestal galega, desde que a primeira ILP forestal foi rexeitada polo Parlamento galego (1989). O paradoxo é que 30 anos despois daquela proposta lexislativa, séguese a pedir un cambio de modelo na dirección que tamén marcaba a ILP de finais dos anos 80.
    11 min
  • MEL: A Limia xa non soporta máis xurros de Coren
    O Movemento Ecoloxista da Limia (MEL) advirte que esta comarca xa non dá soportado máis cantidade de puríns ou xurros procedentes das máis de 350 granxas que a industria de Coren. Alertan da contaminación de acuíferos, fontes e terras de cultivo por nitratos, alén da contaminación por amoníaco que xeran estes residuos. O colectivo esíxelle á Administración e a Coren que dunha vez por todas tomen medidas e poñan solucións que limiten a xeración de xurros e que permitan o seu tratamento antes de ser botado á terra.
    11 min
  • A morte inducida da liña de ferrocarril Ferrol-Ribadeo
    O tren é unha materia pendente na vertebración territorial de Galiza. As vellas liñas desaparecen ou déixanse esmorecer, como no caso da liña de ferrocarril Ferrol-Ribadeo. O traxecto do tren que transcorre pola cornixa cantábrica, no que se acumularon unhas 900 incidencias só no último ano. A plataforma na defensa desta liña Ferrol-Ribadeo leva anos demandando á administración pública e aos responsables da liña e do servizo, Adif e Renfe Operadora, para que doten de infraestrutura, persoal e horarios flexíbeis a este servizo, do que dependen gran parte da poboación das comarcas da Mariña, Ortegal e Ferrolterra.
    11 min

About Podcast Radio Cerna

From the publisher's feed

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país.