Podcast Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

By Radio CernaScience
Download on the App Store

Podcast Radio Cerna episodes

  • O castiñeiro galego resistiu á mudanza climática de hai 6.000 anos
    Un estudo da Universidade de Oviedo dirixido polo galego Pedro Álvarez-Álvarez confirma que o castiñeiro é unha especie que non foi introducida polo Imperio Romano, senón que xa estaba na rexión noroeste da Península, incluída Galiza, milleiros de anos antes da chegada dos romanos. Este dato podería mudar o estado de conservación da especie autóctona en Asturias e Galiza, e desbotar do discurso académico a errada comparativa que se fai entre o castiñeiro e outras especies de orixe foránea.
    A investigación ademais demostra que o castiñeiro é unha especie plástica ás mudanzas climáticas e, por tanto, resistente ao cambio do clima cara a temperaturas máis elevadas. A Universidade de Oviedo certifica que Asturias e Galiza foron en Europa o refuxio do castiñeiro hai 6.000 anos, no Holoceno medio, cando as temperaturas eran máis elevadas que hoxe en día. Radio Cerna entrevista ao director do estudo.
    11 min
  • A Xustiza valida a desaparición da feira taurina na Coruña
    Un fallo do tribunal do contencioso administrativo da Coruña avala a decisión do Concello de rescindir o contrato coa empresa concesionaria da Feira Taurina. Tauro Siglo XIX alegou no seu recurso que a Tauromaquia é un ben de interese inmaterial que hai que promover e conservar. Sen embargo, o tribunal dálle a razón ao Concello por razóns de interese xeral. A sentenza podería marcar precedente.
    10 min
  • As brigadas deseucaliptizadoras saen aos montes
    Nun momento no que o debate sobre o eucalipto rexorde con forza nacen as brigadas deseucaliptizadoras. A asociación ecoloxista Verdegaia crea esta figura de voluntariasdo para eliminar as especies invasoras, como eucaliptos ou acacias, nas parcelas ou montes galegos nos que os/as titulares propietarios/as dean permiso. Os grupos de traballo serán locais ou comarcais. As primeiras brigadas deseucaliptizadoras actuarán nos montes de Froxán (Lousame) esta fin de semana.
    10 min
  • X. Alfredo Pereira: A Xunta quere roubarnos o monte veciñal para dárllelo ás empresas forestais e enerxéticas
    A Organización Galega de Montes Veciñais en Mancomún (ORGACCMM) convoca para o vindeiro domingo, 22 de abril, unha manifestación en Santiago de Compostela por un Plano Forestal para un medio rural vivo. Tamén para reivindicar a titularidade comuneira dos montes veciñais, algo que está en risco desde as últimas modificacións lexislativas feitas pola Xunta de Galiza. Os comuneiros e comuneiras temen que lles rouben o monte a favor das empresas forestais, mineiras ou enerxéticas.
    10 min
  • A ONU chama a contas a Xunta pola súa falta de transparencia
    Ocultar información ambiental e ser pouco transparentes por parte das administracións públicas implica incumprir o Convenio Aarhus, un convenio internacional que dota de dereitos aos cidadáns para poder acceder a este tipo de información e participar nas decisións relativas a cuestións ambientais. Recentemente, varios colectivos da plataforma Contraminacción conseguiron que a ONU admitise a trámite unha queixa contra a Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Xunta de Galiza por impedir o acceso a información relativa a expedientes administrativo de explotacio?s mineiras. Agora a ONU chama a contas, non só á Xunta de Galiza, senón tamén ao Ministerio de Medio Ambiente, para que expliquen cales foron as razóns que motivaron esa falta de transparencia. Cóntanos os detalles Ana Varela, membro da asociación Petón do Lobo.
    11 min
  • O exemplo a seguir de Froxán na xestión dos montes
    Para recuperar calquera territorio agredido ambientalmente fan falta recursos, pero sobre todo, vontade. É a lección que nos está a deixar a Comunidade de Montes veciñais de Froxán (Lousame) que vén de sumar a outros recoñecementos pola súa xestión ambiental o Premio Internacional European Outdoor Conservation Association. Este novo galardón permitirá á comunidade de Froxán recuperar unha turbeira e 20 hectáreas de terreo, agora cobertas de eucaliptos e acacias, con especies arbóreas autóctonas e non invasivas.
    10 min

About Podcast Radio Cerna

From the publisher's feed

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país.