Podcast Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

By Radio CernaScience
Download on the App Store

Podcast Radio Cerna episodes

  • Xoán R. Doldán: O petróleo é a causa fundamental da actual crise da Humanidade
    O 85% da enerxía que consumo o conxunto da Humanidade procede de fontes fósiles, especialmente do petróleo. Pero xa sobardamos o teito de extracción do petróleo, o cénit do gas natural está próximo e o carbón haberá que desbotalo para enfrontarnos á mudanza climática. Estamos en crise, segundo o profesor de Economía Aplicada da USC e exdirector do INeGA, Xoán R. Doldán, e o futuro pasa pola transición cara a outro modelo económico e enerxético. Neste espazo resumimos a palestra do experto nas xornadas sobre Enerxía e Clima celebradas hai uns días na Deputación de Lugo.
    11 min
  • Ramón Varela: A central térmica das Pontes emite a metade do CO2 de Galiza
    Galiza é unha potencia enerxética, sen embargo a maior produción eléctrica galega procede dunha das industrias menos eficientes e máis contaminantes de Europa: a central térmica das Pontes. O experto en contaminación atmosférica e expresidente de ADEGA, Ramón Varela Díaz, participou nas xornadas sobre Enerxía e Clima da Deputación de Lugo, onde deu conta da importante contribución da industria galega á mudanza climática.
    11 min
  • Impactos do Cambio Climático nos ecosistemas galegos
    O experto do panel científico galego sobre Cambio Climático, Pablo Ramil Rego, participou nas Xornadas de Enerxía e Clima organizadas pola Deputación de Lugo, coa colaboración de ADEGA, para explicar os impactos e as previsións da mudanza climática en Galiza, onde xa se teñen constatado ata 12 tipos de afeccións: na temperatura, nas precipitacións, nos ecosistemas e nalgunhas especies de flora e fauna, entre outras. Afondamos no tema con Pablo Ramil.
    11 min
  • AGA: Formación apícola para os novos tempos
    A Asociación Galega de Apicultura (AGA) fai unha ampla proposta formativa para esta Primavera. Ademais dos cursos básicos e especializados, inaugura un novo proxecto: a Escola Galega de Apicultura, situada en Allariz. A través desta Escola, os abelleiros/as impartirán contidos relacionados coa nova apicultura e adaptados aos cambios que está a sufrir este arte por mor do Cambio Climático.
    11 min
  • Emilio Fernández: O cambio climático, o maior reto que temos por diante...
    O catedrático en Ecoloxía pola Universidade de Vigo, Emilio Fernández Suárez, acudiu ao convide da Oficina de Medio Ambiente da Universidade coruñesa para explicar en palabras sinxelas que é e que consecuencias ten o Cambio Climático para a nosa sociedade e ambiente. Cunha linguaxe amena, Fernández expuxo a súa visión da problemática mundial e sentenciou que, sen un cambio de sistema socioeconómico, será moi difícil superar o reto. Tamén analizou baixo unha mirada crítica o Acordo de París.
    11 min
  • María Castelo: O Ecofeminismo tamén importa na Galiza
    A pasada semana as mulleres, e tamén moitos homes, fixemos historia. Por fin o mundo alzou a voz a prol da igualdade entre as mulleres e os homes, e neste reclamo se ven representadas todas as formas de feminismo, tamén o Ecofeminismo. Hoxe coñecemos en que consiste este movemento e como se está a implementar en Galiza.
    10 min
  • As Neves, 5 meses despois da catástrofe
    O concello de As Neves foi un dos concellos galegos máis afectados pola vaga de lumes do pasado mes de outubro. O 90% do seu territorio pereceu baixo as chamas. Cinco meses despois da catástrofe, falamos co seu alcalde, Xosé Manuel Rodríguez, para saber como este municipio dunhas 4.000 persoas está a renacer.
    10 min

About Podcast Radio Cerna

From the publisher's feed

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país.