Podcast Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

By Radio CernaScience
Download on the App Store

Podcast Radio Cerna episodes

  • Os primeiros pasos de Compostela Rupestre
    Comenzan a darse os primeiros pasos na creación do primeiro parque rupestre de Compostela. Unha idea que quere materializar a Deputación da Coruña e que xorde do Colectivo A Rula, co gallo de identificar, protexer e poñer en valor o conxunto de xacementos arqueolóxicos da comarca compostelá. Da idea orixinal, fálanos o presidente deste colectivo.
    11 min
  • Curtis elimina a protección especial agropecuearia e paisaxística dos seus solos
    O vindeiro 28 de maio remata o prazo para alegar ás modificacións introducidas polo Concello de Curtis no seu Plan urbanístico xeral. Os cambios eliminan a protección especial de solo rústico agropecuario e de especial valor paisaxístico de toda a súa superficie municipal. Mentres o concello xustifica esta mundanza urbanística na necesidade de reordenar os usos dos solos do municipio a través dun Plan de Cultivos, o Sindicato Labrego Galego advirte que o concello está a poñer en risco a sobrevivencia dos solos con vocación agrogandeira fronte o cultivo de eucaliptos e o asentamento de industrias con grande impacto sobre o territorio.
    11 min
  • Lembrando a maior loita ambiental de Baldaio
    O 8 de maio de hai 41 anos tiña lugar unha das mobilizacións ecoloxistas máis importantes da historia galega: a marcha de Baladaio. Aquela manifestación de máis de 5.000 persoas esixía a devolución aos veciños e veciñas de Baldaio da praia e da marisma, que estaban a ser explotadas por unha areeira. Malia a contar só cunha concesión marisqueira, os concesionarios estiveron varios anos extraendo area de forma irregular e impedindo que os veciños puidesen acceder ao areal. 41 anos despois daquela marcha que se cobrou ducias de feridos e ata unha vítima mortal, o concello de Carballo rende homenaxe a esta loita e a todas as persoas que ao longo dos anos defenderon Baldaio. Hoxe, neste complexo natural protexido, aínda se poden ver algunhas das pegadas daquel pasado.
    11 min
  • Fernando Suárez: "Limpar as faixas de prevención de lumes é posible, coa axuda da Xunta"
    A finais deste mes de maio remata o período voluntario para limpar as faixas de prevención de incendios de vivendas e de vías de comunicación. Os concellos terán que executar subsidiaramente a limpeza, se os propietarios/as non o fan, con custos a cargo dos titulares dos predios. Pero, algúns concello cren que é imposible cumprir esta orde, por falta de recursos e outras dificultades. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, cre que non hai escusa e que é posible cumprir a norma sempre que a Xunta preste o seu apoio técnico.
    10 min
  • O Cambio Climático, tema principal de Galiciencia 2018
    Hoxe comeza a Galiciencia, a feira de investigación científica que promove o Parque Tecnolóxico de Galiza na Tecnópole de San Cibrao das Viñas. Ata o vindeiro venres, 11 de maio, estudantes de Bacharelato, ESO e Primaria de toda Galiza exporán nesta mostra preto de 80 proxectos científicos, 13 deles destinados a abordar as problemáticas da mudanza climática. Radio Cerna coñece os detalles desta edición con Sabela Bouzo, coordinadora da organización de Galiciencia 2018.
    11 min
  • Dúas décadas tarde, a UE dá un respiro ás abellas
    Houbo que agardar case 25 anos e a recompilar máis de 1.500 estudos para que a Unión Europea decidise prohibir os pesticidas neonicotinoides, aqueles que provocan problemas neurotóxicos nas abellas, favorecendo a súa desaparición. Dezaseis países membros, incluído o Estado español, votaron a favor da súa prohibición o pasado 27 de abril. A resolución foi acollida con alegría polos colectivos ecoloxistas e abelleiros.
    11 min
  • Xeomorfoloxía fluvial e o QuiroRíos no XXVII Curso de formación de Proxecto Ríos
    A formación é funddamental para desenvolver calquera proxecto de voluntariado ambiental. Por iso ADEGA e Proxecto Ríos organizar o XXVII Curso de Formación de voluntariado en ríos o vindeiro sábado 5 de maio na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con (Vilagarcía de Arousa). A formación que se impartirá tratará sobre xeomorfoloxía fluvial e sobre o proxecto QuiroRíos.
    11 min

About Podcast Radio Cerna

From the publisher's feed

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país.