Podcast Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

By Radio CernaScience
Download on the App Store

Podcast Radio Cerna episodes

  • Aprende con ADEGA varias formas de xestionar o lixo no Barbanza
    A asociación ecoloxista ADEGA lanza o seu programa de concienciación sobre residuos sólidos urbanos na comarca do Barbanza "O lixo desde o teu concello". Trátase dunha oferta ampla de actividades ás que se poden sumar entidades, asociacións, centros de ensino e calquera tipo de colectivos desta comarca nas que se aprenderá a reciclar, reducir e reutilizar de forma didáctica e divertida.
    11 min
  • Novas normas para a agricultura ecolóxica na UE
    Os tempos mudan tamén para a Agricultura Ecolóxica e por iso a Unión Europea aproba un novo texto legal para regular este tipo de producións. Co obxectivo de incentivar a agricultura ecolóxica, a protección de medio ambiente, e o benestar animal, promóvense unha serie de medidas que se terán que aplicar a partir de 2021. O CRAEGA fálanos dalgunha destas medidas.
    11 min
  • Francisco López (CRAEGA):"A distribución estase volcando coa agricultura ecolóxica"
    Radio Cerna entrevista a Francisco López Valladares no seu primeiro aniversario como presidente do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA). López Valladares analiza a evolución da agricultura ecolóxica en Galiza nos últimos anos, nos que mellorou a distribución do produto, e aumentou en operadores, superficie e facturación. Destaca a evolución do leite ecolóxico, sector ao que se dedica.
    11 min
  • Polo peche definitivo do vertedoiro compostelán da Grixoa
    O vertedoiro e planta de tecnosolos de Grixoa súmase á lista de ameazas ambientais da comarca de Santiago de Compostela que están a provocar un forte rexeitamento social. O que ía ser un plan de recuperación dunha antiga canteira acabou derivando nun vertedoiro de cascallos e residuos de todo tipo que servirían para a elaboración de tecnosolos ou solos artificiais. Sen embargo, os veciños e veciñas da parroquia levan anos denunciando irregularidades no tratamento dos residuos e incumprimentos do proxecto que provocarían a contaminación de mananciais e ríos da comarca. A Xunta, logo de confirmar que a empresa non cumpre cos parámetros ambientais, pechou preventivamente a parte do vertedoiro dedicada á fabricación de tecnosolos. A veciñanza reclama o peche definitivo do vertedoiro e a análise dos solos afectados.
    10 min
  • A ILP do bosque galego consegue un respaldo social masivo
    A Iniciativa lexislativa popular promovida por máis de 60 colectivos integrados nas plataformas Cousa de Raíces e Alianza por un medio rural galego vivo consegue o apoio de máis de 42.000 galegas e galegos para ser presentada no Parlamento de Galiza. No presente espazo de Radio Cerna coñecemos a valoración que fan os principais promotores da campaña a favor desta ILP na defensa do bosque galego e contra os incendios forestais que, previsiblemente, será debatida no Parlamento despois do verán.
    10 min
  • A UDC calcula a túa pegada ecolóxica por residuos
    A Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña crea a primeira calculadora da pegada ecolóxica por residuos para galegas e galegos. A través desta ferramenta dixital que atoparás en http://emapic.es descubrirás se estás por baixo ou por riba da media galega en xeración de residuos, separación de lixo en orixe ou emisións de CO2 derivadas da túa xestión dos residuso sólidos urbanos.
    11 min
  • Polo dereito ao refuxio ou asilo por cambio climático
    En pasados días a cidade da Coruña acolleu un campo de refuxiados simbólico para escenificar o drama que viven milleiros de persoas no mundo que están refuxiadas lonxe do seu lugar de orixe. Algo que no futuro se prevé moi frecuente, xa non só polas guerras, tamén por motivos climáticos ou ambientais. O problema é que non está recoñecido legalmente o dereito ao refuxio por cambio climático. A organización Acampa está a valorar a presentación dunha Iniciativa lexislativa popular co obxectivo de que se recoñeza.
    11 min

About Podcast Radio Cerna

From the publisher's feed

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país.