Podcast Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

By Radio CernaScience
Download on the App Store

Podcast Radio Cerna episodes

  • Os ríos galegos serán limpados a un tempo este domingo
    A XI Limpeza Simultánea dos ríos galegos convida ao voluntariado ambiental galego a acudir o vindeiro domingo ás marxes ribeirás para limpalas de lixo ou refugallos. A finalidade desta actividade, enmarcada no programa de voluntariado de Proxecto Ríos, é concienciar a poboación para manter limpos de residuos os nosos ríos, polo ben do medio natural e tamén polo noso propio ben.
    10 min
  • Diego Cidrás:"O conflito social só se pode resolver xuntando ambos bandos"
    O doutorando da Facultade de Xeografía e Historia da USC, Diego Cidrás, conta en Radio Cerna os resultados das primeiras investigacións d súa tese doutoral destinada a procurar mecanismos de resolución da conflitividade social derivada da eucaliptización do país. Segundo Cidrás, no canto de remitir, o debate sobre a eucaliptización do territorio galego estase a avivar cada vez máis, ademais de aparecer novas formas sociais de crítica e reivindicación que fomentar a participación da sociedade na configuración do territorio.
    11 min
  • Aproximación á poesía do Prestige desde a ecocrítica
    Así se chama análise que fixo a profesora de filoloxía galega da USC, María Xesús Nogueira Pereira, da poesía inspirada na catástrofe do Prestige e que foi presentada no décimo segundo Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos. A autora do estudo afonda na poesía de diversa índole que acompañou á denuncia social nos primeiros anos do 2000 e que aínda persiste a día de hoxe.
    10 min
  • As vellas políticas de auga non serven para enfrontar o Cambio Climático
    O X Congreso Ibérico sobre Planificación e Xestión da Auga, celebrado pasados días en Coímbra (Portugal), no que houbo unha importante presenza galega, repasou os 20 anos de historia da Fundación Nova Cultura da Auga e sinalou os principais retos do presente. Un dos máis urxentes é esquecernos de vellas políticas despilfarradoras da auga e facer outras máis resilientes ao Cambio Climático. Desenvolve as conclusións do Congreso Nuria Hernández Mora, especialista en gobernanza dos recursos hídricos e cofundadora da Fundación Nova Cultura da Auga.
    11 min
  • Os morcegos forestais e o leirón cinsento, poboacións estables no Parque do Invernadoiro
    ADEGA e Sorex están a facer o seguimento das poboacións de leirón cinsento e de morcegos forestais no Macizo central de Ourense, en concreto no Bidueiral de Montederramo e no PN do Invernadoiro. Son micromamíferos nocturnos, especies bioindicadoras, que dependen dos bosques e da noite. O obxectivo do estudo é avaliar a evolución das súas poboacións que, segundo os primeiros datos, semellan estables.
    11 min
  • Folga dos axentes forestais e medioambientais: "A Xunta non está garantindo un servizo público"
    A Asociación de Axentes Forestais e Medioambientais (APRAFOGA) da Xunta de Galiza permanece en folga desde o 1 de agosto, ainda que, por imperativo da Xunta, os servizos mínimos son do 100%. O corpo galego de "policía" ambiental advirte que da calidade do seu traballo depende unha eficaz defensa do medio ambiente galego, algo que non se pode ofrecer nas condicións actuais. Piden a renovación do convenio laboral, a redacción dun novo regulamento da súas funcións e a ampliación do plantel, entre outras demandas. UXT e CIG anuncian que seguirán facendo presión.
    11 min

About Podcast Radio Cerna

From the publisher's feed

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país.