Podcast Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

By Radio CernaScience
Download on the App Store

Podcast Radio Cerna episodes

  • Estudantado compostelán deseña trampas OSV para velutinas
    Catro alumnos do Instituto Politécnico de Santiago de Compostela idean unha trampa para velutinas elaborada con impresora 3D que consegue atrapar só esta especie foránea, deixando libres os demais insectos. Trátase dunha trampa selectiva denominada Open Source Velutina (OSV), de código aberto, que se pode construír desde a casa e cuxo deseño se pode descargar desde a web http://malditohimenoptero.ga, e mesmo se pode modificar.
    11 min
  • Trampeo masivo e retirada de niños da avespa velutina, funcionan?
    Estudosos da avespa velutina advirten que algunhas das estratexias que se están a levar a cabo para frear a expansión da avespa velutina non teñen probada a súa eficacia e que poderían ter efectos secundarios prexudiciais para o medio ambiente. Radio Cerna pregunta a algúns destes expertos sobre a eficacia do trampeo masivo e da retirada dos niños da especie.
    10 min
  • ADEGA celebra a VII Limpeza simultánea dos areais galegos
    O vindeiro venres e sábado, 19 e 20 de outubro, terá lugar en Galiza a VII Limpeza simultánea das praias galegas, organizada por ADEGA. O voluntariado ambiental sairá de novo ao litoral galego para recoller residuos que están a facer un grave dano á nosa fauna mariña e á contorna ambiental, pero que tamén acabamos inxerindo as persoas a través da cadea alimentaria. Itziar Díaz, educadora ambiental de ADEGA, dá conta dos detalles da actividade neste espazo de Radio Cerna.
    11 min
  • ADEGA e Mariña Patrimonio denuncian a Patrimonio da Xunta por posible prevaricación
    Ambas entidades entenden que existen suficientes indicios de delito penal para que a Fiscalía denuncie a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta nos xulgados. Presentaron ante o Ministerio Fiscal varias denuncias que poñen en cuestión a actuación do funcionariado público deste departamento e destacan o caso de destrución do Castro de Trinidade-Flores de Mondoñedo. Neste espazo recóllese parte das declaracións vertidas en rolda de prensa por representantes de ADEGA e Mariña Patrimonio.
    11 min
  • NON ao novo Plan Forestal (e forestalista) de Galiza
    Máis de 70 entidades, colectivos e organizacións de carácter ecoloxista, sindical, sectorial, empresarial, etc., piden a anulación da primeira revisión do Plan Forestal de Galiza de 1992, pola forma e polos contidos. Por falta de consenso social, de rigor e de datos actualizados sobre a superficie forestal galega; pero sobre todo polos contidos, que segundo estas entidades, están feitos á medida das necesidades e ambicións da industria forestalista e enerxética.
    10 min
  • Bosques con Vida: rexeneración ambiental dos montes de Rebordelo
    ADEGA e a Comunidade Veciñal de Montes en Man Común de Rebordelo (Cerdedo-Cotobade) encetan esta fin de semana o proxecto de rexeneración ambiental "Bosques con Vida". O seu obxectivo é recuperar a área natural afectada polos lumes forestais do pasado ano coa axuda de voluntariado. Entre as actividades, proponse a plantación de especies autóctonas, a recuperación de charcas de valor ecolóxico e roteiros interpretativos. A colaboración entre ambas entidades traballa por un monte biodiverso e multifuncional a través deste proxecto que pretende ter un percorrido máis amplo.
    11 min
  • Agrocompostaxe: vantaxes para o sector agrícola e para os municipios
    As vantaxes da compostaxe xa están a ser recoñecidas polos municipios galegos e, algúns, como o de Allariz xa se está a interesar por novas vías de aplicación da compostaxe no rural: a agrocompostaxe. A pasada semana Allariz acolleu unha charla de Eduardo Cordero, impulsor dun proxecto de agrocompostaxe na localidade euskera de Larrabetzu. Hoxe fala para Radio Cerna.
    11 min

About Podcast Radio Cerna

From the publisher's feed

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país.