Podcast Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

By Radio CernaScience
Download on the App Store

Podcast Radio Cerna episodes

  • A xestión dos Camiños de Santiago, posta en cuestión polo Icomos
    A dous anos do Ano Xacobeo e no ano europeo do Patrimonio Cultural, a xestión dos Camiños de Santiago por parte da Xunta de Galiza e do Estado está a ser posta en cuestión por varios colectivos e, mesmo, polo Icomos, un organismo encargado de velar polo cumprimento dos criterios polos que a Unesco declara Bens Patrimonio da Humanidade. A delegación española do Icomos critica en particular o impacto potencial sobre o Camiño Francés de aprobarse a reapertura da mina Touro-O Pino. E colectivos como a Fraternidade Internacional do Camiño de Santiago ou o Foro do Camiño Primitivo chaman tamén a atencións sobre a perda de identidade e do carácter tradicional das vías de peregrinación por mor das obras de "acondicionamento" da Axencia Galega de Turismo. Así mesmo, tamén lamentan o abandono e a falta de implicación das autoridades locais e autonómicas na preservación e posta en valor dos Camiños de Santiago.
    10 min
  • ILP do Bosque:"Malia a súa derrota no Parlamento, esta Iniciativa foi todo un éxito"
    Superada a fase da defensa da ILP a prol do bosque autóctono no Parlamento de Galiza, onde foi rexeitada cos votos en contra do PP e a abstención do PsdG, as entidades promotoras da ILP fan balance. Os representantes das diferentes palataformas e entidades que promoveron esta Iniciativa Lexislativa Popular na defensa do Bosque Galego e contra os incendios forestais valoran o resultado da votación para a toma en consideración da ILP, pero tamén a campaña no seu conxunto. E insta a coller de novo pulo para seguir reivindicando outro monte e outro rural para Galiza.
    11 min
  • Boletín informativo ambiental 23/11/18
    Descubrimos neste espazo de radio os temas máis relevantes da actualidade ambiental galega: Unha ILP do bosque desbotada polo Parlamento, rebaixas nas faixas de seguridade fronte os lumes, verteduras en ríos e unha nova plataforma ecoloxista..., entre outros acontecementos.
    11 min
  • O Parlamento Galego rexeita a ILP do bosque apoiada por 40.000 persoas
    A Comisión Promotora da Iniciativa Lexislativa Popular para a defensa do bosque galego defendou onte no Parlamento de Galiza os contidos desta proposta de Lei. Os votos negativos do PP e a abstención do PsdG tumbaron a toma en consideración da Iniciativa Lexislativa. Neste espazo recollemos parte das intervencións da presidenta de ADEGA, Virxinia Rodríguez, representante da Comisión Promotora, e dos voceiros dos grupo parlamentarios.
    11 min
  • ADEGA: Debe haber unha condena penal polo caos urbanístico de Barreiros
    Unha vez rematado o xuízo por prevaricación urbanística contra o alcalde de Barreiros e o seu equipo de goberno, as partes implicadas agardan diferentes resultados do fallo. ADEGA presentou as súas expectativas en rolda de prensa. Advirte que, de non haber condena penal neste caso, as consecuencias afectarían negativamente a todo o urbanismo galego e confía en que os tribunais fagan xustiza.
    11 min
  • CUAC FM volve ás ondas tras vencer a Xunta nos tribunais
    Hoxe dedicamos un programa especial aos compañeiros e compañeiras de CUAC FM, a radio comunitaria da Coruña, que veñen de gañar nos tribunais un recurso contra a resolución da Xunta que obrigaba a pechar os micros desta emisora social hai agora un ano. Desde Radio Cerna, espazo que se emite en CUAC FM, queremos sumarnos á celebración desa vitoria que, ao fin e ao cabo, é a vitoria de todas as emisoras e espazos que damos voz aos colectivos sociais e ás minorías.
    11 min
  • Unha tiroliña no Canon do Sil ameaza aves protexidas
    A Sociedade Galega de Ornitoloxía pide ás deputacións provinciais de Lugo e de Ourense que abandonen o proxecto para a colocación dunha tiroliña no espazo natural protexido dos Canóns do Sil. A tiroliña uniría as dúas marxes do río, entre os miradores do Duque e de Matacás, coa pretensión de converter na segunda de maior lonxitude en Europa. De executarse, advirte a SGO, estaríase a crear un importante impacto sobre os valores naturais da zona e na avifauna protexida.
    11 min
  • Unión Fenosa: vida e morte da compañía enerxética que algún día foi galega
    A tese do investigador da USC, Adrián Dios Vicente, analiza a evolución dunha das empresas do sector eléctrico español máis importante: Unión Fenosa. Fai o repaso aos 26 anos de vida da compañía fortemente unida a Galiza nun principio e da que logo se desprendería por completo. As diferentes estratexias de crecemento, de internacionalización e diversificación, a intervención dos bancos e do goberno estatal marcaron o destino dunha empresa que conseguiu acadar cotas de éxito importantes dentro e fóra de España, pero que finalmente finou en 2008 absorvida por Gas Natural. A súa aposta final polo carbón foi o seu golpe de gracia.
    11 min

About Podcast Radio Cerna

From the publisher's feed

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país.