Podcast Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

By Radio CernaScience
Download on the App Store

Podcast Radio Cerna episodes

  • A revisión do informe "Os límites do crecemento" no Parlamento galego
    A Asociación Véspera de Nada trasladou aos grupos parlamentarios de Galiza a revisión do informe "Os límites do crecemento" publicada en abril deste ano para promover unha Comisión interpartidaria galega para analizar os límites do crecemento do país. O documento orixinal, procedente de 1972, establecía tres escenarios posibles para o século XXI. A revisión actual do documento conclúe que nos atopamos hoxe en día no peor dos escenarios posibles.
    11 min
  • Boletín informativo ambiental 29/07/16
    Escoita un novo espazo de Radio Cerna dedicado á actualidade ambiental e cultural do país. Radio Cerna fará un descanso durante o mes de agosto pero volverá no en setembro con máis espazos sobre medio ambiente, ecoloxía e cultura de Galiza! Feliz verán!
    10 min
  • O renacemento de Vieiros, unha aldea abandonada do Courel
    En Galiza, cada 5 días abandónase unha aldea. O envellecemento da poboación, a migración da xente cara as vilas ou cidades, a falta de oportunidades para instalarse no rural e vivir nel son algunhas das causas que están detrás deste abandono. Aínda así, atopamos algunha experiencia de recuperación de aldeas abandonadas que merecen ser coñecidas. É o caso da aldea de Vieiros de Quiroga, na Serra do Courel. Neste espazo coñecemos o proxecto da man dun dos seus refundadores e habitante do lugar.
    11 min
  • Os 15 anos do Proxecto Terra
    O Proxecto Terra cumpre 15 anos. Naceu impulsado polo Colexio de Arquitectos de Galiza para difundir entre os máis novos valores de identidade territorial a través de múltiples recursos didácticos, actividades e materiais divulgativos que analizar os espazos que habitamos desde o máis local ata o ámbito territorial galego. Repasamos co coordinador desta iniciativa, Xosé Manuel Rosales, o alcance do proxecto no seu décimo quinto aniversario.
    11 min
  • Os orzamentos participativos na Coruña apostan polo verde
    A Coruña lanza un proceso de participación pública a través de software libre para que os cidadáns desta cidade podan decidir en que investira un millón de euros para 2017. As propostas presentadas nos orzamentos participativos da Coruña comezan hoxe o seu proceso de avaliación técnica e económica para ver cales delas poden ser executables. A gran maioría das proposta aposta pola creación de novos espazos verdes e carrís-bici, demandando así un novo modelo de cidade.
    11 min
  • A depuración natural chega a Campo Lameiro e a Cerdedo
    A depuración natural das augas residuais estase a estender por Galiza como alternativa aos sistemas de depuración convencionais en poboacións inferiores a 2.000 habitantes. É unha das formas máis ecolóxicas e sostibles de depurar as augas residuais de pequenas localidades e que ademais aforra investimento, gastos de mantemento e favorece a fertilidade dos solos e a biodiversidade. Na provincia de Pontevedra, os municipios de Campo Lameiro e Cerdedo veñen de impulsar proxectos piloto de depuración natural coa creación de humidais artificiais.
    10 min
  • COLLE3: apelando á conciencia individual contra o plástico no mar
    "Colle3" é unha iniciativa impulsada polo Clube Augasantas Kitesurf de Barreiros que apela á conciencia e responsabilidade individual das persoas que acuden e habitan no litoral contra o lixo. Esta idea xunto coa dos "venres sen plástico" son pequenas accións que conseguen grandes resultados. E ímolo comprobar co presidente do Club Augasantas, Óscar García.
    11 min

About Podcast Radio Cerna

From the publisher's feed

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país.