Podcast Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

By Radio CernaScience
Download on the App Store

Podcast Radio Cerna episodes

  • As ideas ecoloxistas chave do Papa Francisco
    O pasado luns coñeciamos en Radio Cerna as motivacións que levaron ao Papa Francisco dedicar a súa primeira encíclica ao "coidado da casa común", é dicir, á Ecoloxía. Hoxe imos abordar co profesor en teoloxía moral, Gonzalo Varela, as ideas ecoloxistas chave que o pontífice quixo transmitir aos cristiáns e non crentes hai un ano, na súa encíclica "Laudato Si".
    10 min
  • A encíclica ecoloxista do Papa: As orixes
    Neste mes de maio cúmprese un ano desde que foi publicada a encíclica ecoloxista do Papa Francisco, "Laudato Si". Por este motivo, neste espazo abordaremos co profesor de teoloxía moral, Gonzalo Varela, as orixes da filosofía e teoloxía ecoloxista propugnada polo Papa Francisco e tamén as motivación que o levaron a escribir esta reflexiva e extensa obra a prol da defensa da Terra.
    11 min
  • Nova regulación sobre fitosanitarios: o carné de manipulador
    Unha normativa de 2012 que entrou en vigor no pasado mes de novembro obriga a cumprir novos requerimentos para poder facer uso dos praguicidas ou fitosanitarios na agricultura convencional. Entre as exixencias atópase a disposición dun carné de manipulador de fitosanitarios para poder ter acceso a certos produtos químicos. Pero non toda persoa que teña contacto coa actividade agrícola debe cursalo. Falamos cun especialista para que nos clarexe esta cuestión e tamén cales deben ser as limitacións do uso de praguicidas.
    11 min
  • O patrimonio oculto baixo as augas de Galiza
    O patrimonio tamén se atopa baixo as augas. A arqueoloxía submariña e/ou subacuática no noso país realízase en obras públicas, en casos de espolio ou como materia de investigación. Neste espazo, convicamos a unha empresa que se dedica a rastrexar os fondos mariños e fluviais de Galiza na busca de elementos patrimoniais para que nos conte que hai debaixo das augas galegas.
    11 min
  • A compostaxe tamén inspira a Cerdedo
    O concello pontevedrés de Cerdedo vén de poñer a andar un programa de compostaxe bianual que, se funciona, se extenderá a todo o municipio. O obxectivo é reducir nun 50% o lixo que envía a Sogama, evitar custos innecesarios, e contribuír a facer a vecindade partícipe na xestión dos seus residuos. A compostaxe inclúese no plan local de xestión de residuos que nos explica neste espazo a técnica de medio ambiente, Cristina Tomé.
    10 min
  • O "porta a porta" triunfa en San Sadurniño
    San Sadurniño tivo a valentía de ser o primeiro concello galego en experimentar a recollida selectiva dos residuos "porta a porta", ligada á compostaxe caseira. Tras máis dun ano de proba, xa está en disposición de dar datos sobre aforro de lixo e aforro económico. Os resultados son mellores aínda do que se agardaba. Se queres coñecelo, dálle ao play!
    11 min
  • Xavier Labandeira: "A fin dos combustíbeis fósiles a partir de 2050 vai implícita no acordo de París"
    Nesta segunda parte da entrevista que Radio Cerna lle fixo ao Catedrático de Economía e experto en políticas climáticas, Xavier Labandeira, o economista opina sobre o mecado de emisións, sobre os investimentos do fondo verde contra o cambio climático ou sobre a vontade de descarbonizar as economías na segunda metade do século XXI. O acordo de París sobre cambio climático, que deseña a folla de ruta das políticas mundiais para mitigar o fenómeno e adaptarse a el, vén de ratificarse a semana pasada por 150 países de todo o mundo.
    10 min

About Podcast Radio Cerna

From the publisher's feed

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país.