Podcast Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

By Radio CernaScience
Download on the App Store

Podcast Radio Cerna episodes

  • Ameazada a principal colonia de corvo mariño cristado da Península
    Esta fin de semana está prevista a celebración dunha proba de trail na Costa do Dexo (Oleiros) na que correrán 350 persoas e que podería poñer en risco a principal colonia de corvo mariño cristado da Península, ao pasar a carón do seu núcleo de cría. Varias organizacións ambientalistas pedíronlle a Xunta que revise o trazado da proba e avalíe as súas repercursións ambientais antes de aprobala.
    11 min
  • Mapa online da contaminación química do litoral galego
    O visor cartográfico do litoral galego, elaborado polo grupo de investigación Ecotox da Universidade de Vigo, permite consultar datos sobre a contaminación química das nosas costas desde 1997. Ricardo Beiras, catedrático en bioloxía e coordinador de Ecotox, explícanos que servizos ofrece esta ferramenta online, a primeira que concentra toda a información existente na materia e á que calquera pode acceder.
    11 min
  • O greenwashing ou lavado verde. Que é e como detectalo?
    En 1986 aparace o termo "greenwashing" para designar aquela propaganda verde utilizada polas empresas para amosar os seus logros ambientais, sexan ou non reais. Hoxe en día, o consumidor/a afróntase a mensaxes confusas relativas ao compromiso ambiental do mercado. Joana Martins axúdanos a entender este concepto e a detectalo.
    11 min
  • O proxecto Zas-Santa Comba: a nova ameaza da megaminaría
    "Isabela II" é como se chama o proxecto de exploración mineira que o Grupo M-FM2001 solicitou na Xunta de Galiza para buscar ouro e outros minerais estratéxicos na comarca da Costa da Morte. Afectará aos concellos de Zas, Vimianzo, Coristanco e Santa Comba. A rede Contraminacción e os vexiños da comarca presentaron centos de alegacións contra esta primeira fase de procura dos minerais. Pero o que máis temen é o que virá detrás deste permiso de exploración. De autorizarse unha mina de ouro na zona, veríanse afectandos varios centos de explotacións gandeiras.
    10 min
  • Mulleres que defenden os pobos e a terra. A homenaxe a Bertha Cáceres
    No Día Mundial da Muller, varios colectivos ecoloxistas, como ADEGA e Amigos de la Tierra, resaltaron a figura de Bertha Cáceres, activista hondureña asasinada recentemente por defender a súa etnica indíxena, os lencas, e as terras das que viven dos intereses das grandes multinacionais. Esta é unha homenaxe a Bertha Cáceres e a todas aquelas mulleres que, pese as dificultades, loitas pola Natureza e polos dereitos dos máis débiles.
    11 min
  • Os discursos do Prestige: Nunca Máis fronte a prensa tradicional
    O Prestige foi tamén unha loita de discursos, axendas e mensaxes. A xornalista Teresa Barberena analiza a través da súa tese doutoral as distancias existentes entre o discurso sobre a catástrofe dos medios de comunicación tradicionais e, por outro lado, as mensaxes do movemento social e colectivo Nunca Máis, constituído en referente de protesta. A investigadora explica para Radio Cerna as conclusións do seu estudo. Cal foi o discurso vencedor?
    11 min

About Podcast Radio Cerna

From the publisher's feed

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país.