Podcast Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

By Radio CernaScience
Download on the App Store

Podcast Radio Cerna episodes

  • Xabier Labandeira: "O acordo de París é o menos malo ao que podiamos aspirar"
    Esta semana entrevistamos ao Catedrático en Economía e autor líder do IPCC para a elaboración do Quinto Informe (e último) deste Panel de Expertos da ONU. Analizamos con el a súa interpretación do Acordo sobre o Cambio climático de París, ratificado a pasada semana por 150 países de todo o mundo. Labandeira amósase optimista ante este acordo, aínda que con matices.
    11 min
  • A nova normativa de benestar animal, segundo as protectoras
    A nova lei galega de protección de animais domésticos e salvaxes en cautividade vén de pasar polo trámite de exposición pública, no que se presentaron centos de alegacións. As protectoras de animais representan gran parte dos axentes alegantes. Hoxe coñecemos con elas, os pros e os contras desta nova normativa tan agardada. Aínda que con respecto a 1993, esta nova lei ofrece avances, tamén se observan por parte das organizacións defensoras dos animais moitas ausencias ou faltas de regulación que son necesarias e o mantemento dalgúns conceptos prexuizosos sobre os animais.
    11 min
  • Reganosa enfróntase a unha nova sentenza do Supremo en contra
    O Tribunal Supremo volve fallar en contra de Reganosa. Desta volta, anula a Autorización administrativa previa outorgada á planta de gas polo goberno de Xosé María Aznar en 2002. Con esta xa son dúas as sentenzas do Alto Tribunal que poñen en cuestión a legalidade da planta. Falamos con Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol para coñecer as repercusións deste novo fallo.
    11 min
  • Tratamento dos plásticos agrícolas en Galiza
    Desde o ano 2004 a Xunta de Galiza impulsou o Plan de tratamento dos plásticos agrícolas. Este programa diríxise a recoller e tratar todos os plásticos de ensilado e horta xerados no territorio galego co fin de darlles unha nova oportunidade e novos usos. Neste espazo de Radio Cerna falamos cun representante dunha das empresas xestoras autorizadas para a xestión deste tipo de residuos para coñecer que proceso seguen para a súa recuperación e que evolución sufriu desde 2004 a súa recollida e tratamento.
    11 min
  • Un bosque para unha bolboreta
    A bolboreta Charaxes jasius é propia de climas mediterráneos e do norte de África, sen embargo, tamén se atopa no Baixo Miño. O achádego desta especie de bolboreta no sur de Galiza no ano 2005 e os riscos que tiña de desaparecer na comarca promoveu o proxecto "Un bosque para unha bolboreta" polo colectivo ANABAM. Grazas a este proxecto, que está a piques de cumprir dez anos, hoxe a Charaxes jasius xa é unha bolboreta común no Baixo Miño.
    11 min
  • O proxecto RE de Allariz: a compostaxe a todos os niveis
    O concello de Allariz pon a andar a partires desta semana o "Proxecto RE" de compostaxe. Este proxecto prevé a creación de 22 áreas ou illas de compostaxe para o núcleo urbano do municipio, o reparto de composteiros individuais para a zona rural e o tratamento específico da materia orgánica producida pola hostalaría do concello no polígono industrial. O reto que persegue así o concello de Allariz é poder recuperar en 3 anos o 80% do lixo que produce.
    11 min
  • Definindo as paisaxes galegas
    O Instituto de Estudos da Paisaxe Galega, dependente da Xunta, está a definir as distintas paisaxes de Galiza a través dun proceso de participación no que pretende implicar a maior parte da poboación galega. O Catálogo galego das paisaxe, que contempla 258 tipos diferentes de paisaxe, exponse así a debate. A intención é definir que cualidades paisaxísticas que se queren protexer para o futuro.
    11 min

About Podcast Radio Cerna

From the publisher's feed

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país.