Podcast Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

By Radio CernaScience
Download on the App Store

Podcast Radio Cerna episodes

  • Deficiencias da nova planificación hidrolóxica estatal
    O goberno de Mariano Rajoy aproba en Consello de Ministros os novos plans hidrolóxicos que rexerán o futuro das bacías hidrográficas de competencia estatal. Estes plans afectan á bacía do Miño-Sil e Limia en Galiza. Sen embargo, o borrador presentado para ser consultado á cidadanía non convence a ningún dos colectivos que forman parte dos Consellos da Auga das demarcacións que afectan a Galiza. A Sociedade Galega de Historia Natural é un destes colectivos que se opoñen a esta planificación de futuro para os ríos galegos de competencia estatal. Coñecemos os motivos desta oposición neste espazo de Radio Cerna.
    10 min
  • O Gran Olvido e a revolución mental necesaria sobre o ambiente
    A concepción sobre o medio ambiente que impera na sociedade está errada. Tan só unha revolución mental sobre a súa concepción e o noso papel como seres políticos e ecolóxicos pode salvar a nosa especie. Neste escenario, cal é a responsabilidade dos políticos? Son eles os responsables da saúde ambiental do noso Planeta? Así é como presenta o filósofo francés e catedrático en ciencias políticas, Sami Naïr, a súa análise filosófica sobre a nosa relación co medio natural. Ti tamén tes un papel neste dilema. Quérelo coñecer? Preme e escoita este espazo.
    11 min
  • Consellos para un Nadal máis ecolóxico
    Nestas datas de celebración tamén podemos ser ecolóxicos. Enfrontar o consumismo á que nos empuxa o Nadal e o Día de Reis pode ser doado, se temos en conta algúns consellos necesarios. ADEGA ofréceche unha lista de recomendacións no manual "Por un Nadal máis verde".
    11 min
  • Balanzo 2015 do medio ambiente galego (2)
    Aquí facemos a segunda entrega do balanzo ambiental do ano 2015 en Galiza, recollido en Radio CERNA. Neste espazo facemos unha nova escolla dos acontecementos ambientais máis relevantes do ano e que foron difundidos a través destas ondas. Feliz Ano a todas as persoas que nos escoitades!
    11 min
  • Balanzo 2015 do medio ambiente galego (1)
    Esta semana faremos un repaso a fondo dos temas ambientais que definiron este ano 2015 aquí en Galiza. Nesta primeira parte do percorrido anual, abordaremos cuesións como os avances na mitigación do cambio climático, a través do Cumio de París, a política forestal de Galiza e a expansión do eucalipto, a prórroga de Ence en Lourizán ou a avespa asiática, entre outros fitos ambientais de 2015. Non o perdas!
    11 min
  • A orixe dos osos pardos de Galiza
    Unha tese do Instituto Xeolóxico Isidro Parga Ponda (UDC) asinada pola paleontóloga Ana García Vázquez conclúe que os osos pardos modernos que habitan no noroeste ibérico non proceden dos osos prehistóricos que vivían nese mesmo territorio, que inclúe as montañas orientais de Lugo. Isto implica que os osos pardos xa se extinguiron varias veces no noso territorio ao longo da Historia e que hoxe en día os osos pardos que visitan as nosas terras proceden de Portugal ou mesmo de Francia. Escóitanos para coñecer os detalles deste estudo.
    11 min
  • Cumio climático de París: unha decepción máis que non debemos permitir!
    Era previsible e ao final resultou decepcionante. Os grupos ecoloxistas galegos manifestan a súa crítica aos resultados do Cumio do Clima do París por inconcretos, pouco ambiciosos e fóra de toda realidade. O acordo dos 195 países que partiparon neste encontro mundial non será vinculante para a redución de gases contaminantes, nin para o investimento económico, nin para o cambio do modelo enerxético. Amigos da Terra, ADEGA e a FEG desmenten aqueles que consideran que o acordo climático de París foi un paso importante na loita contra o quecemento global e chaman á mobilización urxente da sociedade.
    11 min

About Podcast Radio Cerna

From the publisher's feed

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país.