Podcast Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

By Radio CernaScience
Download on the App Store

Podcast Radio Cerna episodes

  • Unha revista para a III Revolución humana
    Tratará de converterse nun dos catalizadores da chamada "III Revolución Humana". A revista 15-15-15 nace coa pretensión de encauzar os contidos que se están a xerar na procura dunha civilización alternativa ao colapso ecolóxico e social que estamos a vivir. Dun dos promotores da exitosa "Guía para o descenso enerxético", xorde agora estoutra iniciativa que ten visos de acadar tamén unha importante repercusión social.
    11 min
  • Estudar a fauna silvestre como paciente clinico
    A Universidade compostelá, xunto con Avifauna, organiza para os días 15 e 16 de novembro o curso "Veterinaria e conservación da fauna silvestre", apoiado polas Reservas da Biosfera Terras de Lugo e Ancares lucenses e pola Área de Cultura da Deputación. O lobo, o corzo e o oso pardo serán as especies sobre as que se vai versar, como pacientes e como patrimonio natural a conservar.
    10 min
  • Nace unha Rede europea contra o delito ambiental
    Na UE vense de crear unha rede de avogados e xuristas contra os delitos ambientais. Impulsada por SEO/Birdlife, co apoio de fondos europeos, pretende afondar na análise do actual funcionamento do sistema xudicial con respecto á aplicación da Directiva do medio ambiente e contra os delitos ambientais. REDA está formada por letrados dos 28 estados membros que a partir de agora comezan a traballar conxuntamente. Neste espazo tamén saberemos a que se lle denomina “delito ambiental” desde o eido xurídico.
    11 min
  • A cova de Eirós, en risco inminente!
    ADEGA denunciou na Fiscalía os traballos que Cementos Cosmos está a realizar enriba do xacemento paleolítico, posiblemente, de maior importancia de Galiza. As obras que a canteira está a efectuar a poucos metros da cavidade poñen en perigo inminente a conservación das pinturas rupestres que nela se atopan, e que lle outorban ao xacemento a categoría de Ben de Interese Cultural. ADEGA esixe a paralización inmediata das obras e a adopción de medidas preventivas.
    11 min
  • Galiza, referente na formación sobre Bioconstrución
    Nos últimos anos están a aparecer en Galiza varias propostas de formación profesional (polo de agora non regrada) en Bioconstrución. Unha das experiencias máis coñecidas é ao CIFP de Someso (A Coruña), da que falaremos neste espazo. A bioconstrución amósase, non só como alternativa ecolóxica na construción, tamén como alternativa de futuro para os profesionais da edificación.
    11 min
  • Rede Cidades que Camiñan, en Pontevedra
    Camiñar pola cidade sen ter que sortear obstáculos e sentir a invasión dos vehículos a motor é posible. Concellos de todo o Estado que conforman a Rede "Cidades que Camiñan" reúnense mañá e pasado en Pontevedra para falar daquelas medidas que se poden adoptar nas políticas municipais para darlle prioridade ao peón e facilitar a vida colectiva no espazo urbano. Pontevedra é unha das cidades de referencia nesta Rede. Coñezámola!
    11 min
  • Recta final para concursar nos certames polo territorio de ADEGA
    Ata o vindeiro 1 de novembro haberá prazo para presentarse á IV edición dos Concursos polo Territorio que convoca ADEGA e que inclúen certames de fotografía, relato e curtametraxes. Esta edición enmárcase no proxecto "Cultura e Territorio" que intenta promover os valores culturais relacionados co espazo no que nos desenvolvemos, dando a oportunidade á cidadanía galega a expresar a través da imaxe e da palabra a súa visión do territorio galego. Os certames están apoiados pola Área de Cultura da Deputación de Lugo.
    11 min

About Podcast Radio Cerna

From the publisher's feed

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país.