Podcast Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

By Radio CernaScience
Download on the App Store

Podcast Radio Cerna episodes

  • Unha gasolineira ameaza o río Miño en Lugo
    O centro comercial Carrefour, instalado desde os anos 90 a escasos 25 metros da bacía, está a realizar obras para a construción dunha gasolineira ás beiras do río Miño. O proxecto conta xa co aval do concello, da Xunta e da confederación hidrográfica Miño-sil; sen embargo, situar unha gasolineira a escasos metros do río non parece unha idea moi sensata segundo varios colectivos que integran a plataforma miño si, gasolineira non. Neste espazo coñeceremos cal pode ser o impacto ambiental do proxecto en execución.
    11 min
  • Identidade e alteridade no Outono Fotográfico
    A XXXII edición do Outono fotográfico, por primeira vez, está dedicada a unha temática: "Identidade e alteridade". Máis de 120 exposicións de imaxe están a percorrer todo o país amosando estes dous conceptos desde varios puntos de vista que imos comentar co director do proxecto, Xosé Lois Vázquez.
    11 min
  • Por unha auditoría pública do déficit tarifario eléctrico
    Unha Iniciativa Lexislativa Popular promovida pola Asociación española para a calidade da edificación (ASECE) xa está preto de conseguir as sinaturas suficientes para instar ao Congreso a que debata sobre a necesidade dun marco regulativo que obrigue a auditar o sector eléctrico español e o chamado "Déficit tarifario eléctrico". Por mor deste suposto déficit, todas e todos nós debémoslle ás grandes eléctricas 30.000 millóns de euros. No obstante, ningunha compañía eléctrica ata o momento sufriu unha auditoría que valide esta hipotética débeda pública.
    11 min
  • Ciencia en galego. A experiencia de Igaciencia
    Igaciencia é a Institución Galega da Ciencia e o seu propósito é reivindicar e apostar polo uso do galego nas materias científicas de primaria e secundaria.No Día da Ciencia en galego expuxo algunhas das iniciativas, apoiadas nalgúns casos pola Deputación de Lugo, que se están a desenvolver con esta finalidade e que durante o mes de novembro se poderán ver en Lugo e en Santiago de Compostela.
    11 min
  • Manual de custodia fluvial de Proxecto Ríos
    Proxecto Ríos e ADEGA veñen de publicar un manual de custodia fluvial co obxectivo de trasladar á sociedade galega algúns mecanismos para poder custodiar ou adoptar un treito de río. O manual está dispoñible para a descarga no web de ADEGA e de Proxecto Ríos.
    11 min
  • Castro de Remonde: un ben colectivo para a formación ambiental e patrimonal
    ADEGA e a Fundación Eira adquiron un castro na Ulloa para poñer a disposición da aprendizaxe e coñecemento colectivo sobre a preservación e coidado ambiental e patrimonial. O Castro de Remonde pretende ser un referente na formación mediante a Escola Carme Buxán, creada na honra da primeira arqueólogo que catalogou por primeira vez os castros do Deza e que finou recentemente.
    Neste espazo abordaremos con Manuel Gago, coordinador do proxecto, en que consistirá esta nova experiencia de posta en valor do noso patrimonio.
    10 min

About Podcast Radio Cerna

From the publisher's feed

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país.