Podcast Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

By Radio CernaScience
Download on the App Store

Podcast Radio Cerna episodes

  • Ecoloxistas destapan 45 km de ríos excluídos do PXOM de Lugo
    Tres organizacións ecoloxistas (ADEGA, Ríos con Vida e a Asociación Galega de Custodia do Territorio) veñen de facer público un estudo de recoñecemento e identificación de cursos fluviais non contemplados no plan urbanístico de Lugo. Polo de agora son algo máis de 45 quilómetros de río que desapareceran do documento oficial urbanístico, por tanto, estaban sen protección. Pero os colectivos promotores do estudo advirten de que esta é só unha pequena mostra dos centros de efluentes que quedan aínda por identificar e revivir.
    11 min
  • É viable unha planta de compostaxe na comarca de Pontevedra?
    Carme da Silva, concelleira de medio ambiente en Pontevedra, dá conta do estudo de viabilidade dunha planta de compostaxe para a comarca pontevedresa. O proxecto xorde da necesidade de buscar unha alternativa máis sostible e barata na xestión do lixo urbano. A ponencia foi relatada no Foro europeo de residuos, organizado por ADEGA os días 22 e 23 de novembro.
    11 min
  • O plan de residuos da Xunta. Continuidade do modelo Sogama
    Fernando Asperilla, xefe de servizo de planificación de residuos da Xunta, acudiu ao Foro cara a unha sociedade da reciclaxe, organizado por ADEGA, para explicar cales son as expectativas da Xunta en materia de residuos de aquí ao ano 2020. Destaca algúns dos obxectivos que pretende acadar o Plan galego de residuos e analiza cales foron os resultados nos últimos 3 anos da aplicación do plan.
    11 min
  • Xestión de envases agrarios. O sistema SIGFITO
    Todo tipo de envases agrarios ou fitosanitarios estanse a xestionar en todo o Estado a través dun sistema integral sen ánimo de lucro chamado SIGFITO. Neste espazo de Radio CERNA coñecemos como funciona o sistema, cales son as obrigas da sociedade xestora, do agricultor, e que tratamento reciben os agroenvases.
    11 min
  • Sociedades cara o residuo Cero. O caso de Italia
    Máis de 200 concellos en Italia xa están a xestionar os seus residuos baixo o método "residuo cero" e o sistema de recollida porta a porta. O movemento "Zero Waste" ou "Residuo Cero" está a visualizar en Europa a necesidade de deixar de producir aquelo que non se pode reciclar ou reutilizar. Este sistema é factible e viable, como así o expuxo na súa videoconferencia un dos promotores do movemento e coordinador do Comité Científico de Zero Waste en Europa, Enzo Favoino. Recollemos neste espazo a súa intervención traducida por unha intérprete ao galego.
    11 min
  • Euskadi e Cataluña á vangarda da compostaxe en Europa
    O alcalde da localidade basca de Hernani e un técnico do Consell comarcal de Pallars Sobirá (Pirineo catalán) expuxeron a súa experiencia coa compostaxe no Foro europeo cara a unha sociedade da reciclaxe organizado por ADEGA. Dous proxectos que se colocan á vangarda da xestión de residuos sostible e que son referencia en toda Europa. Se os queres coñecer, preme no play!
    11 min
  • Experiencias da compostaxe en Galiza
    No Foro Europeo de Residuos organizado por ADEGA tamén se deron a coñecer algunhas das experiencias de compostaxe que se están a desenvolver en Galiza. Coñecemos en concrto a experiencia da organización ecoloxista ADEGA coa compostaxe doméstica e comunitaria (que atende a 3.000 vivendas) e a da Universidade da Coruña, que pretende xestionar os seus residuos orgánicos no propio Campus.
    11 min
  • A compostaxe como única alternativa na xestión de residuos
    Hoxe recollemos en RAdio Cerna os testemuños de Alfonso del Val, un dos primeiros investigadores na composta do Estado, e Betariz Martín, voceira de "Composta en Red" no I Foro europeo de Residuos, organizado por ADEGA os días 22 e 23 de novembro en Pontevedra. Ambos os dous, especilistas na compostaxe da materia orgánica xerada nos fogares, analizan a situación desta forma de tratamento dos residuos no Estado e animan ás institucións públicas a apostar por este sistema de reciclaxe.
    10 min
  • As Corcerizas, premio “Hostelling International”
    Polo uso das enerxías renovables e de materiais sostibles para a construción, o centro educacional de Amigos da Terra, situado no Macizo central ourensán, vén de recibir un premio internacional. As Corcerizas gañou o segundo galardón "Hostelling International", co que se pretende mellorar a súa autosuficiencia enerxética.
    11 min

About Podcast Radio Cerna

From the publisher's feed

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país.