Podcast Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

By Radio CernaScience
Download on the App Store

Podcast Radio Cerna episodes

  • Boletín informativo ambiental 03/01/14
    Coñece as novas ambientais máis destacada dos últimos días. Informamos ademais de que a partir da vindeira semana Cerna terá nova programación. Emitirá os luns, mércores e venres de cada semana. Feliz Ano 2014!
    11 min
  • Cando ver aves en Galiza? A primeira guía de destinos segundo a época do ano
    Dous naturalistas galegos elaboran unha completa guía de destinos para a observación de aves en Galiza, segundo as diferentes épocas do ano. A publicación ofrece unha lista de localizacións mes a mes, ademais de interesante información complementaria para os afeizoados a esta actividade, pero tamén para aqueles que se queiran inicar nela. É a primeira guía destas características en todo o Estado.
    11 min
  • Lexislación territorial: a Reforma local
    O goberno estatal vén de propoñer unha Lei de Reforma local que deixa sen capacidade xurídica aquelas entidades locais de carácter menor (parroquias, barrios, etc.). Analizamos coa profesora en dereito administrativo e ambiental como afectaría no territorio galego esta nova normativa.
    11 min
  • Ana Miranda avalía o informe europarlamentario sobre as rías galegas
    Foi aprobado o pasado martes con 20 votos a favor do PP e do PSOE e con 7 votos en contra dos liberais e dos verdes europeos. E dúas das persoas das tres que formaron parte da visita europarlamentaria o pasado mes de febreiro desvinculáronse do texto. O informe é cualificado como "descafeinado" e froito dunha manipulación da maioría conservadora na Comisión de peticións do Parlamento Europeo. Ana Miranda, representante nesta Cámara do BNG e parte integrante do grupo Verdes-ALE fai balanzo do resultado de 10 meses de xuntanzas e desencontros dentro da delegación de eurodeputados visitante.
    11 min
  • O raposo como bioindicador de metais pesados no medio
    Unha tese da Universidade de Santiago de Compostela determina que existen elevados niveis de chumbo nos raposos que habitan áreas agroforestais, fronte aqueles que habitan en zonas próximas ao medio urbano ou industrial. Descobre que outras curiosidades achega esta investigación, da man do seu autor, Xermán Quintana.
    11 min
  • O cabalo garrano, candidato a Patrimonio Nacional en Portugal
    A xestión do cabalo salvaxe en Portugal dista moito do modelo galego. Alí, o garrano está proposto como Patrimonio Nacional, é unha especie en risco de extinción e protexida e amparada pola Unión Europea. Ademais, o garrano está sendo demandado como símbolo identitario polo pobo portugués.
    Neste espazo escoitaremos ao coordinador da candidatura do cabalo salvaxe portugués a Patrimonio Nacional.
    11 min
  • Xornada sobre o cabalo salvaxe galego
    A través desta xornada, que terá lugar o vindeiro sábado, a Asociación Galega de Custodia do Territorio, pretende iniciar unha seria de foros sobre o cabalo salvaxe de Galiza que, en primeira instancia, se dedicará á súa funcionalidade biolóxica e ecolóxica e á súa xestión e manexo por parte dos besteiros. Será un primeiro encontro que intenta potenciar os valores ambientais e culturais do cabalo garrano, único no mundo.
    11 min

About Podcast Radio Cerna

From the publisher's feed

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país.