Podcast Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

By Radio CernaScience
Download on the App Store

Podcast Radio Cerna episodes

  • Os criterios e certificados da moda sostible
    A deseñadora María Almazán explica baixo que criterios se mide a sostibilidade na elaboración téxtil e cal é a trazabilidade ou seguimento que debe seguir desde o cultivo da materia prima ata chegar ás tendas. Tamén nos dará conta de cales son os selos que certifican a moda sostible.
    11 min
  • Nace a plataforma galega pola moda sostible
    Ser responsable no consumo de roupa non é cuestión só do consumidor, tamén do sector téxtil. Varias empresas de moda, deseñadores, estudantes,... de Galiza xuntáronse en Plataforma para promover a moda sostible e traballar a prol da produción respectuosa co medio ambiente e coas persoas. Hoxe coñecemos en Radio Cerna esta iniciativa.
    11 min
  • A fraga de Menáncaro, máis preto da súa protección
    O Tribunal Supremo emite unha sentenza pola que se anula un proxecto urbanístico para a Fraga de Menáncaro de Ferrol, unha das poucas masas de árbores autóctonas que queda na comarca. A loita nos tribunais tardou 7 anos en acadar este éxito ecoloxista e veciñal, que achega un pouco máis a Fraga de Menáncaro á súa protección. Neste espazo escoitamos a un dos veciños que defendeu ante a Xustiza este espazo do proxecto especulativo e a un membro do colectivo ecoloxista ADEGA.
    10 min
  • Nin o mar, nin os ríos son culpables...
    Nin o mar, nin os ríos, nin o temporal son os culpables morais dos desperfectos sufridos na costa ou nas ribeiras. O factor humano é determinante neste tipo de situacións, tamén para prevelas. Porén, a mensaxe xeralizada que se está a dar desde os medios e outros focos de comunicación desvincula a actividade humana de calquera responsabilidade.
    11 min
  • Informe sobre estado dos ríos galegos en 2013
    Onte publicouse o Informe anual de Proxecto Ríos 2013. Este documento dá conta dos resultados obtidos das inspeccións feitas polo voluntariado de Proxecto ríos nos efluentes galegos. Aínda que se observa unha mellora no seu estado, obsérvase certo delive nalgúns dos parámetros estudados. Falamos co responsable do proxecto, Paco Bañobre.
    11 min
  • Pautas para reducir gastos na tarifa da luz
    Nunhas xornadas dedicadas ao sistema eléctrico e á tarifa eléctrica, organizadas por ADEGA, déronse as pautas que os consumidores e consumidoras de electricidade podemos seguir para aforrar na nosa factura da luz. Ser conscientes de que é o que estamos a pagar, reivindicar políticas enerxéticas baseadas no aforro e na eficiencia, ou revisar a fondo o recibo da luz e tomar medidas, son algunhas das recomendacións fronte os actuais decretazos no sector eléctrico e a actitude impositiva das grandes eléctricas. Hoxe coñecemos os pasos que hai que dar na revisión do recibo da luz e como se pode aforrar.
    11 min
  • As trampas do mercado eléctrico actual
    O mercado eléctrico actual utiliza certos instrumentos especulativos que repercuten directamente no prezo da luz. Neste espazo coñecemos cales son as artimañas das que fan uso as grandes eléctricas, amparadas polo propio sistema, que deixan ao cidadán nunha posición de indefensión. Revélanos esta información o investigador Adrián Dios, que participou nas Xornadas organizadas por ADEGA sobre Economía sostible.
    11 min

About Podcast Radio Cerna

From the publisher's feed

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país.