Podcast Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

By Radio CernaScience
Download on the App Store

Podcast Radio Cerna episodes

  • Boletín informativo ambiental 21/03/14
    Varias son as novas relevantes no eido ambiental da semana. A Xunta anuncia a denegación definitiva do proxecto da mina de ouro de corcoesto e preto dun cento de alcaldes se concentan diante do Parlamento para pedir diálogo e a non aplicación do taxazo de Sogama. Estes foron algúns dos acontecementos máis relevantes, pero houbo máis...!
    11 min
  • Un castiñeiro máis, un eucalipto menos
    A Fundación Fragas do Mandeo lanza unha nova campaña de custodia do territorio destinada a repoboar con castiñeiros terreos plantados con eucalipto para poñer en valor a flora autóctona fronte a foránea. A actividade terá lugar o vindeiro 29 de marzo a carón do río Mandeo.
    11 min
  • Quercus sonora: música e custodia do territorio
    O Alto Ulla é a paisaxe elixida por Quercus sonora para promover a fusión da música e a natureza. Dous elementos indisolubles para esta organización encargada de celebrar o Festiulloa, o festival de música de cámara de Antas de Ulla, destinado a poñer en valor a comarca e os seus valores natuais. Agora, Quercus sonora tamén se suma á custodia do territorio.
    11 min
  • As illas de plástico. Un novo ecosistema?
    Tes escoitado falar da "plastisfera"? O mundo científico está comezando a poñer o seu interese no que podería ser unha nova forma de ecosistemas campando polos océanos de todo o mundo. Investigadores galegos tamén veñen de lanzar liñas de investigacións que tratan de coñecer máis este inquedante universo de plásticos que convive coa biodiversidade natural do medio mariño. O obxectivo é saber cal é o impacto destas grandes illas de plástico no medio e na saúde, e como frear a súa expansión.
    11 min
  • O "Gamonal" galego na defensa do río Sarria
    Máis de dúas semanas leva a veciñanza de Sarria resistindo fronte o encanamento do río promovido polo Concello, a Xunta e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil. A persistencia da mobilización veciñal na defensa do río xa fixo que algúns tildasen esta causa como o "Gamonal" galego. Neste espazo coñecemos os motivos de oposición do pobo de Sarria ao encanamento do río que pasa polo centro da localidade e os impactos que este proxecto suporía para os valores ambientais e culturais da vila.
    11 min
  • O movemento ecoloxista de cara ás eleccións europeas
    As cinco organizacións ecoloxistas máis importantes do Estado veñen de presentar 14 propostas de cambio aos candidatos/as ás eleccións europeas do 25 de maio. O seu obxectivo é que as políticas ambientais, non só teñan cabida no futuro de europa, senón que estean deseñadas como alternativa económica e como saída da crise.
    11 min
  • Novas charcas con vida para 2014
    ADEGA dará continuidade ao proxecto de voluntariado ambiental "Charcas con Vida" durante este ano 2014. O colectivo ecoloxista prevé a creación e recuperación de novas charcas, sesións formativas sobre os seus valores, ampliar o inventario online de pequenos humidais en Galiza, e algunha que outra novidade...
    11 min

About Podcast Radio Cerna

From the publisher's feed

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país.