Podcast Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

By Radio CernaScience
Download on the App Store

Podcast Radio Cerna episodes

  • Os residuos da enerxía eólicia, na alegalidade
    Eurofiber calcula que os residuos procedentes da industria eólica ascenden a 18.000 toneladas só no Estado español. Outros sitúan a cifra máis a baixa, pero en calquera caso o tratamento de residuos eólicos ameaza con ser un problema grave de contaminación se non se regula con urxencia. Un estudo do CSIC, en colaboración coa empresa Enreco2000, busca unha saída para algúns dos compoñentes fibrosos das pás dos muíños de vento, a meirande parte delas depositadas en vertedoiros alegais cando se converten en residuos.
    11 min
  • A pesca artesanal crea emprego
    Greepeace propón un modelo pesqueiro que suporía a creación de máis de 8.000 empregos en Galiza. Ao mesmo tempo, lembran aos políticos as promesas incumpridas en materia de pesca e sostibilidade mariña.
    11 min
  • Cueiros ecolóxicos de campionato!
    O pasado sábado, 26 de abril, tivo lugar o IV Récord Mundial de cambio simultáneo de cueiros de tea, no que Galiza tamén participou. Este evento trata de reivindicar o uso dos cueiros ecolóxicos fronte os convencionais por razóns ambientais, económicas e de saúde. Escoitemos que vantaxes nos ofrecen...
    11 min
  • Defender os animais desde unha perspectiva filosófica
    Desde hai uns 15 anos estase a estender un novo paradigna na defensa dos animais, baseado na filosofía moral. O movemento "animalista" toma como referencia esta nova formulación do pensamento moderno con respecto ao papel e comportamento dos seres humanos cos demais animais. Para coñecer os razoamentos que fundamentan este paradigma falamos co profesor de filosofía moral na USC, Óscar Horta.
    11 min
  • Día da Terra pola ampliación da Rede Natura galega
    A ampliación da Rede Natura é unha promesa electoral do PP incumprida. Non haberá ampliación a curto prazo. Por este motivo, ADEGA, FEG e SGHN dedican o Día da Terra aos espazos da Rede Natura e reclaman sen máis demora a súa ampliación para evitar, entre outros efectos, unha multa da Unión Europea.
    11 min
  • A Anduriña, Ave do Ano 2014
    A Sociedade Española de Ornitoloxía dedica cada ano a unha ave que se atope nunha situación peculiar de indefensión ou cuxas poboacións se viran afectadas drasticamente nos últimos tempos. En 2014, a elixida foi a anduriña. SEO/Birdlife explícanos os motivos polos que se quere chamar a atención sobre a situación na que está a vivir a anduriña.
    11 min
  • Os impactos da A-76 segundo ADEGA
    O colectivo ADEGA alegou en 2008 contra a A-76, a autoestrada que Fomento pretende construír a través da Ribeira Sacra, desde Ourense a Pontevedra. Alén dos impactos socioeconómicos da pretendida infraestrutura, tamén son considerables os ambientais e paisaxísticos. Destes falaranos neste espazo Martinho Fiz, membro de ADEGA.
    11 min

About Podcast Radio Cerna

From the publisher's feed

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país.