Podcast Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

By Radio CernaScience
Download on the App Store

Podcast Radio Cerna episodes

  • Carballo, referente galego na compostaxe escolar
    Máis de mil nenos e nesas do concello de Carballo aprenderán a compostar os residuos orgánicos producidos no eido escolar. Tres colexios deste municipio súmanse ao programa de compostaxe comunitaria de ADEGA que, co apoio do concello, pretende ensinar aos máis pequenos a aproveitar os residuos orgánicos como abono. Xosé Regueira, concelleiro de promoción económica en Carballo, explica neste espazo cales son as expectativas e as vantaxes deste programa educativo, que responde tamén a unha filosofía de cambio na xestión integral do lixo.
    11 min
  • Máis de 20 partidos políticos do Estado avogan por prohibir o fracking
    O fracking ou fractura hidráulica para a captación de gas natural xa está a irromper no Estado español. Numerosos permisos de investigación para a explotacións de fracking xa se están a tramitar en diversos puntos da xeografía estatal. O asunto chegou ao Congreso no día de onte a través dunha proposta de Izquierda plural na que se instaba á prohibición desta práctica. O PP votou en contra e CiU, UPyD e PNV abstivéronse. O resto de partidos votaron a favor, aínda que non resultou ser a posición maioritaria. No obstante, días antes do debate no Congresto, 20 formacións políticas e máis de 40 organizacións sociais asinaron un manifesto no que se avoga pola prohibición do fracking.
    11 min
  • Recollida simultánea de lixo nas praias galegas
    A III Edición da Limpeza simultánea de praias organizada por ADEGA terá lugar os días 6,7 e 8 de xuño por todo o litoral galego. Esa fin de semana coincide coa conmemoración mundial dos Océanos. Este ano, esta actividade de voluntariado ofrece novidades! Descúbreas neste espazo!
    11 min
  • A custodia do territorio en Europa. Proxecto Landlife
    A custodia do territorio xa se está a extender por toda Europa como unha ferramenta de futuro na conservación dos ecosistemas naturais a partires da vontade social e particular. O proxecto Lanlife, de Xarxa de Custodia del Territori, culmina este ano o seu programa dedicado á promover esta nova forma de conservación da biodiversidade no arco mediterráneo occidental. Neste espazo coñecemos o proxecto e os seus resultados da man da súa coordinadora no Estado español, Pilar Rodríguez.
    11 min
  • Como protexer as 4 parellas de mazarico real
    Na Península Ibérica quedan só 4 parellas de mazarico real e están na Terra Chá. O mazarico ou zarapito real é das aves nidificantes máis ameazadas de Galiza e do resto do Estado e precisa de protección. Mentres agarda por un Plan de Recuperación, que debera de aprobar o goberno autonómico, a USC está a desenvolver unha iniciativa que cando menos intente preservar as parellas reprodutoras instaladas na comarca chairega. Neste espazo, coñecémola!
    10 min
  • Pontevedra quere unha planta de compostaxe
    A Deputación e o Concello de Pontevedra asinan un acordo polo que inician os traballos para a implantación da compostaxe para a xestión da materia orgánica na capital e nos demais concellos que se queiran adherir ao proxecto. O obxectivo é acadar o 50% da compostaxe dos residuos xerados, de forma que tampouco se destinen a Sogama. Escoitamos neste espazo aos responsables do proxecto.
    11 min
  • Allariz impulsa un proxecto piloto de compostaxe
    Os concellos galegos xa ven na compostaxe unha alternativa á xestión do lixo de Sogama. Varios deles, entre eles Allariz, impulsar proxectos baseados no tratamento da materia orgánica fóra das instalacións de Cerceda e a través de plantas de compostaxe comarcais. Neste espazo coñecemos cal vai ser a experiencia piloto deste municipio.
    11 min

About Podcast Radio Cerna

From the publisher's feed

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país.