Podcast Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

By Radio CernaScience
Download on the App Store

Podcast Radio Cerna episodes

  • Unha autoestrada ameaza a Ribeira Sacra
    Vén de ser aprobada polo Ministerio de Fomento a construción da autoestrada A-76 Ourense-Ponferrada. O proxecto colleu de sorpresa a moitos dos veciños e veciñas da Ribeira Sacra que xa se organizaron en Plataforma para frear a execución da infraestrutura. Coñecemos con eles cales van ser os impactos e a situación na que quedaría a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade.
    11 min
  • O PP municipalista, tamén a prol da compostaxe
    Neste espazo daremos conta daqueles alcaldes do PP que tamén andan a buscar unha alternativa a Sogama no eido local. Os rexedores municipais das comarcas do Deza e do Salnés, a maioría do Partido popular, visitaron as instalacións da planta de compostaxe de Lousame para coñecer o seu funcionamento e as súas vantaxes. Tamén andan a explorar experiencias como a compostaxe doméstica, co obxectivo de reducir a xeración de lixo en orixe e tratar a materia orgánica na casa. O alcalde de Lalín, Xosé Crespo, a quen escoitaremos, é un dos rexedores populares que máis aposta nestes momentos por un cambio de modelo.
    11 min
  • Recurso xudicial contra a delimitación do Camiño Primitivo
    O Foro do Camiño Primitivo, do que fai parte ADEGA, vén de recorrer nos tribunais a delimitación oficial do Camiño Primitivo a Santiago. Os preto de 20 colectivos que conforman este Foro consideran que o trazado oficializado é fraudulento, non cumpre coa Lei de Protección dos Camiños e que pon en risco a declaración desta vía histórica como Patrimonio da Humanidade. Esta é a segunda delimitación dos camiños de Santiago que actualmente está xudicializada.
    11 min
  • A Xunta ten nas súas mans a paralización das obras no río Sarria
    A Xunta, non só ten nas súas mans a paralización das obras do plan de encauzamento do río Sarria, senón que ten a obriga de detelas. É o que reiviindican as organizacións ADEGA e a AGACS (Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago). Reclaman responsabilidades á D.X. de Patrimonio e á D.X. de Conservación da Natureza por non cumprir a lei e non promover medidas cautelares esixidas pola normativa que son de aplicación no caso da tala de árbores e do derrubo da ponte de Toleiro no centro da localidade sarriana.
    11 min
  • Circos sen animais en Galiza
    A Fundación Franz Web e a Asociación animalista Libera! están a desenvolver en Galiza a campaña "Circos sen animais". O obxectivo é que os concellos galegos se declares libres de estes espectáculos nos que se usa aos animais como instrumento de traballo. Ademais están a informar á poboación das condicións de sometemento e maltrato ás que se ven sometidos polos seus donos. En Galiza xa hai preto de 10 concellos declarados libres de circos con animais.
    11 min
  • Despedida cautelosa á mina de Corcoesto
    A Xunta denega definitivamente a mina de ouro de Corcoesto. O proxecto de Edgewater non cumpre cos requirimentos económicos e técnicos.Os colectivos ecoloxistas amosan unha ledicia cautelosa e a multinacional canadiana ameaza con recorrer a decisión nos tribunais. Neste espazo abordamos as sensacións que deixou este anuncio nalgunhas das plataformas opostas a esta inxente e perigosa explotación dos recursos naturais.
    11 min

About Podcast Radio Cerna

From the publisher's feed

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país.