Podcast Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

By Radio CernaScience
Download on the App Store

Podcast Radio Cerna episodes

  • Mentiras do sector eléctrico sobre a factura da luz
    Un estudo da UNEF analiza algunhas das campañas publicitarias das grandes compañías eléctricas españolas e detecta unha manipulación nos datos dirixidos á opinión pública. A finalidade non semella ser outra que desvincularse de toda responsabilidade na suba continuada da factura da luz. Escoitamos as conclusións deste estudo da man dun responsable da UNEF.
    11 min
  • Resultados da custodia fluvial Ulla-Umia-Lérez
    ADEGA conclúe o seu proxecto de custodia fluvial nas bacías Ulla, Umia e Lérez tras tres anos de traballo. Neste espazo coñecemos cales foron os resultados e o seu impacto no territorio. Todas estas actuacións están recollidas nunha publicación recentemente editada pola organización que pretende servir de referencia para outras iniciativas de custodia fluvial.
    11 min
  • Ano internacional da agricultura familiar. As claves de futuro en Galiza
    Neste ano 2014, dedicado á Agricultura familiar pola ONU, preguntamos a un dos investigadores galegos especializados neste eido cales son as claves de éxito deste tipo de agricultura en Galiza, onde máis do 90% desta é familar. Carlos Ferrás compara o caso galego co irlandés e tamén os analiza desde o punto de vista social e ambiental.
    11 min
  • A chegada de lobos mariños ás costas galegas
    As costas galegas están a recibir numerosos esxemplares de mamíferos mariños, cetáceos, golfiños,... pero quizais máis inusitada é a chegada de tantos lobos mar¡ños. Falamos coa CEMMA para saber en que estado se atopan e cal é o motivo desta chegada masiva de focas grises ao litoral galego.
    11 min
  • Control para as queimas "controladas". Afeccións na erosión do solo.
    As queimas controladas tamén poden supoñer un risco elevado para a erosión do solo fértil de Galiza. Unha investigación do CSIC pon este dato de relevancia ante a consideración xeralizada de que os lumes de baixa intensidade producen baixo impacto no solo. O estudo estima que os incendios de categoría menor poderían supoñer a perda de 2,5 toneladas/ hectárea e por ano en Galiza, polo que habería que extremar as precaucións e favorecer a prevención dos lumes, en calquera dos seus rangos.
    11 min
  • O río Gafos, a un paso de converterse en Espazo natural de interese local
    O río Gafos está a un paso de converterse en Espazo Natural de Interese local. A Xunta vén de aprobar provisionalmente a súa candidatura, á agarda de que o concello de Pontevedra presente un Plan de conservación para o espazo. Hoxe coñecemos a valoración deste recoñecemento ambiental por parte da asociación impulsora do proxecto que leva máis de 10 anos traballando pola conservación do río Gafos, o colectivo Vaipolorío.
    11 min
  • Liña verde de consulta e denuncia ambiental en Lugo
    Preto de 200 concellos en todo o Estado xa están facer uso da liña verde para facer consultas ambientais on-line ou denunciar unha deficiencia no medio natural a través de aplicación móbil, de xeito inmediato e directo. Recentemente, o concello de Lugo converteuse na primeira cidade galega que pon a disposición dos seus cidadáns este servizo, a través da plataforma www.lineaverdelugo.org.
    11 min

About Podcast Radio Cerna

From the publisher's feed

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país.