'Nenas medrando’, de Silvia García, e editado por Chan da pólvora, é un álbum fotográfico onde a súa voz se funde coa memoria allea para construír un libro arredor da conciencia do corpo, das sensacións, dos procesos de maduración e mesmo dos recordos que aparecen cando asistimos como nais ao crecemento dunha nena. Un comentario da nosa colaboradora Alba Cid.