Poesía

Poesía

By Radio GalegaArts
Download on the App Store

Poesía episodes

  • Todos os pasos fan ruído
    Sara Plaza Moreno acadou o XXXIII Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé co libro ‘Todos os pasos fan ruído’. Sara, nada na serra de Madrid, é mestra de formación, tradutora e revisora de textos. Aprendeu galego pola súa conta, preocupada pola situación social e lingüística galega. Sobre ela e a súa poesía fálanos Alba Cid.
    11 min
  • Dunha costela rota
    ‘Dunha costela rota’ é o poemario que desta volta nos presenta Alba Cid. Unha tradución de Lucía Novas do libro da irlandesa Annemarie Ní Churreáin. Unha edición bilingüe de Urutau editora.
    9 min
  • Isidro Novo, a poesía gasosa
    Alba Cid reflexiona arredor da poesía de Isidro Novo con motivo da publicación da súa ‘Poesía galega reunida (1991-2017)’ na colección de Clásicos das Letras Galegas da editorial Galaxia. J. L. Calvo Vidal e Yago Rodríguez Yáñez foron os encargados de recompilar os seus poemas para esta celebración do que califican como un ‘outsider’, “arriscado, ás veces esquecido no relato oficial”.
    8 min
  • A Permanencia de Castillo Suárez
    Xa podemos ler a autora navarra Castillo Suárez en galego. O seu libro ‘Permanencia’ vén de ser traducido do éuskaro por Isaac Xubín na editorial Vento Alto. Cóntanos máis sobre o seu traballo Alba Cid.
    10 min

About Poesía

From the publisher's feed

Poesía