Lara Méndez Presidenta do Eixo Atlántico
No preámbulo do Tratado de Roma se subliña que os estados membros da UE están resoltos a sentar as bases dunha unión cada vez máis estreita entre os pobos europeos, propoñendo para iso varias iniciativas. Deste xeito, a UE interésase desde fai anos polos vínculos creados entre as cidades europeas.
O Consello Europeo, reunido en Fontainebleau en xaneiro de 1984, encargou a un comité ad hoc que determinase as accións que permitirían á Comunidade responder ás expectativas dos pobos e que propuxese a adopción de medidas apropiadas para fortalecer e promover a identidade e imaxe da Unión de face aos seus cidadáns e o mundo. O informe Adonnino, sinalaba que a solidariedade entre cidades dos Estados membros, o coñecemento e cooperación mutuos son elementos indispensables para a construción europea.
A UE esfórzase por incorporar en maior grado aos cidadáns e aos seus representantes locais no proxecto europeo, dándolle así unha verdadeira dimensión humana. As accións organizadas polas cidades e os seus cidadáns reproducen a escala reducida o proceso de unificación emprendido polos Estados membros. Cada unión de cidades constitúe en si mesma unha minieuropa. Europa constrúese desde as cidades.